Conservatorio Profesional de música de Culleredo

No Conservatorio Profesional de música de Culleredo impártense as ensinanzas elementais e as ensinanzas profesionais de música de acordo co novo marco normativo, a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Ademais destas ensinanzas regradas, ofértanse dous cursos de iniciación á música para os máis pequenos. As idades de ingreso son as seguintes:

  • Iniciación I: 6 anos cumpridos antes do 31 de decembro.
  • Iniciación II: 7 anos cumpridos antes do 31 de decembro.

O tempo lectivo semanal comprende dúas sesións dunha hora cada unha.

GRAO ELEMENTAL

A finalidade do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música é promover a autonomía do alumnado para que a súa capacidade de expresión musical adquira a calidade artística necesaria que permita acceder ao grao profesional

As especialidades das ensinanzas elementais de música que ofertamos son as seguintes:

Acordeón - Clarinete - Frauta traveseira - Guitarra - Percusión - Piano - Saxofón - Trompeta -Violín - Violoncello.

Para acceder ás ensinanzas de Grao Elemental de música será requisito imprescindible superar unha proba específica de acceso, que garante os principios de igualdade, mérito e capacidade.

ACCESO AO 1º CURSO

O procedemento de acceso ao primeiro curso atenderá exclusivamente á avaliación das aptitudes musicais das persoas aspirantes e á idade idónea para iniciar os seus estudos nas especialidades instrumentais.

A proba para avaliar as aptitudes musicais incluirá, polo menos, os seguintes aspectos:
a) Exercicio para avaliar a aptitude rítmica.
b) Exercicio para avaliar a aptitude auditiva e vocal
c) Exercicio para avaliar a aptitude psicomotriz

ACCESO A OUTROS CURSOS

Poderase acceder a calquera outro curso do grao elemental ser ter superados os anteriores, sempre que se supere a correspondente proba. En calquera caso, o acceso estará supeditado á existencia de prazas vacantes para na especialidade solicitada.

Estas probas avaliarán, ademais das aptitudes e da idade idónea, a capacidade e os coñecementos dos alumnos e das alumnas para continuar os estudos nas especialidades instrumentais para as que se solicite a praza.

En todo caso, a idade mínima de acceso será de oito anos e a máxima de catorce anos, cumpridos ou por cumprir dentro do ano natural.

GRAO PROFESIONAL

As ensinanzas profesionais de música teñen como finalidade proporcionarlle ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación de futuros profesionais da música.

As especialidades das ensinanzas elementais de música que ofertamos son as seguintes:

Acordeón - Canto - Clarinete - Frauta traveseira - Guitarra - Percusión - Piano - Saxofón - Trompeta -Violín - Violoncello.

ACCESO AO 1º CURSO

Para acceder ao primeiro curso das ensinanzas profesionais de música cumprirá superar unha proba específica de acceso. Mediante esta proba valorarase a madureza, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento as ensinanzas profesionais, de acordo cos obxectivos establecidos neste decreto.


Para todas as especialidades, agás para a de canto, a devandita proba consistirá en:

a) Interpretación, no instrumento da especialidade a que opte, de tres obras pertencentes a distintos estilos, das cales, como mínimo, unha debería interpretarse de memoria.
b) Exercicio para avaliar a capacidade auditiva do alumnado e os seus coñecementos teóricos e prácticos da linguaxe musical.
Para a especialidade de canto, a proba consistirá en:
a) Interpretación de tres obras de diferentes estilos, libremente elixidas pola persoa aspirante, das cales unha será de repertorio lírico.
b) Exercicio para avaliar a capacidade auditiva do alumnado e os seus coñecementos teóricos e prácticos da linguaxe musical.

ACCESO A OUTROS CURSOS

Poderase acceder a calquera outro curso das ensinanzas profesionais sen ter cursados os anteriores sempre que a través dunha proba, a persoa aspirante demostre posuír os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

Esta proba constará de dous exercicios:

a) Interpretación, no instrumento ou coa voz, de tres obras de diferentes estilos, do nivel correspondente ao curso inmediatamente anterior ao que se opte e das cales, como mínimo, unha deberá interpretarse de memoria.
b) Exercicio teórico - práctico para valorar os coñecementos das materias dos cursos anteriores a que se opte.

A puntuación definitiva da proba citada será a media ponderada da cualificación obtida en ambos exercicios. Para estes efectos ponderase o primeiro deles nun 70 % e o segundo nun 30%.

OUTRAS ACTIVIDADES:

No centro

  • Concertos do alumnado: Celebraranse á finalización de cada trimestre coa participación de alumnos/as de todas as especialidades co fin de favorecer a súa capacidade para interpretar en público, ademais dos celebrados por departamentos.
  • Concertos Express: Realizados na planta baixa do Conservatorio cunha duración aproximada de cinco minutos nos que os alumnos do Centro interpretarán ante os seus compañeiros o traballo realizado ao longo do curso.
  • Concertos didácticos: Organizados por profesorado do centro ou por profesionais do entorno.

Fóra do centro

  • Concertos da Orquestra do Conservatorio, do Sexteto de Saxofóns, do Quinteto de Corda...
  • Saídas a Concertos
 
 

INSCRICIÓNS ÁS PROBAS DE ACCESO A 1º DE GRAO ELEMENTAL DO 24 DE ABRIL ATA O 19 DE MAIO DE 2023

O prazo para inscribirse ás probas de acceso a 1º de Grao Elemental estará aberto desde o 24 de abril ata o 19 de maio. Publícanse as datas de inscrición e matrícula para todas as probas de acceso ao Conservatorio, tanto Grao Elemental como Grao Profesional, para o vindeiro curso 2023/2024. 

Todos os nenos e nenas que desexen ver como se desenvolven as aulas poderán visitar o Conservatorio os días 3, 4 e 5 de maio nas xornadas de portas abertas. Poderán soliciutar unha clase de proba.

Toda a información aquí

 

PROGRAMACIÓNS CURSO 22-23: pódense descargar a continuación

Horario de Atención ao Público:

LUNS-MARTES-MÉRCORES-XOVES-VENRES
 
Edificio de Servizos Múltiples do Burgo: 16:00 a 21:30 horas
Teléfono: 981 665597
 
LUNS-MARTES-MÉRCORES-XOVES-VENRES
 
Conservatorio Municipal: 16:00 a 21:30 horas
Teléfono: 981 667798

Horario lectivo:

De 16:00 a 21:30 horas
Contacto:

R/ Andrés Pan Vieiro, nº 30, Acea de Ama - O Burgo - Culleredo
Teléfono: 981 66 77 98
Fax: 981 65 46 44
Correo electrónico: conservatorio@culleredo.es

Vista previaAdjuntoTamaño
programacion_violoncello_2023-24.pdf405.76 KB
programacion_violin_2023-24.pdf850.44 KB
programacion_trompeta_2023-24.pdf1.03 MB
programacion_saxofon_2023-24.pdf293.47 KB
programacion_repent.-acomp._guitarra_2023-24.pdf144.66 KB
programacion_piano_complementario_2023-24.pdf253.86 KB
programacion_piano_2023-24.pdf776.66 KB
programacion_percusion_2023-2024_1.pdf283.57 KB
programacion_orquestra_2023-24.pdf1.24 MB
programacion_optativa_2023-24.pdf217.69 KB
programacion_nntt_2023-24.pdf133.2 KB
programacion_mc_2023-24.pdf458.5 KB
programacion_linguaxe_2023-24.pdf248.64 KB
programacion_itinerario_interpretacion_2023-24.pdf292.35 KB
programacion_idiomas_aplicados_ao_canto_2023-24.pdf340.15 KB
programacion_historia_da_musica_2022-23.pdf158.57 KB
programacion_harmonia_2023-24.pdf146.63 KB
programacion_guitarra_2023-24.pdf487.16 KB
programacion_frauta_2023-24.pdf577.89 KB
programacion_coro_2023-24.pdf216.89 KB
programacion_conxunto_todas_especialidades_2023-24.pdf481.31 KB
programacion_clarinete_2023-24.pdf2.41 MB
programacion_canto_2023-24.pdf320.87 KB
programacion_analise_2023-24.pdf151.3 KB
programacion_acordeon_2023-24.pdf270.97 KB
repentizacion_e_acompanamento_piano_2023-24.pdf320.26 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina