Culleredo aproba en Pleno os proxectos do Plan Único 2023: a renovación da rúa Irmáns Suárez Ferrín, a optimización da iluminación na Avenida de Fonteculler e o proxecto de mellora da seguridade viaria en Monte Alfeirán

Celebrouse esta mañá ás 9:30 nunha sesión extraordinaria na que tamén se debateu a aprobación inicial da relación de Postos de Traballo (RPT), as fichas de postos de traballo modificado e funcións modificadas dalgúns servizos.

Culleredo acolle unha xornada sobre Política Urbana na que se deron cita das cidades galegas que forman parte do Eixo Atlântico

Este ano está prevista a convocatoria dos novos programas de Política Urbana cofinanciados pola Comisión Europea e, especialmente, ao referente a España, dos programas de Desenvolvemento Urbano Sostible (EDUSI).

O Concello prosegue cos traballos de renovación da rede de beirarrúas municipal

O Concello de Culleredo prosegue coas tarefas de remodelación da rede de beirarrúas municipal, co obxectivo de aumentar a mobilidade peonil e facer as súas rúas accesibles para todas e todos.

Culleredo acolle unha xornada sobre Política Urbana na que se deron cita as cidades galegas que forman parte do Eixo Atlântico

Culleredo acolleu esta mañá unha xornada de debate sobre Política Urbana na que se deron cita as cidades galegas que forman parte do Eixo Atlântico, no contexto da convocatoria dos novos programas de Política Urbana cofinanciados pola Comisión Europea e, especialmente e, ao referente a españa, dos programas de Desenvolvemento Sostible (EDUSI).

Culleredo destinará 160.000 euros para renovar a rúa Irmáns Suárez Ferrín

O Concello de Culleredo propón adicar un investimento de 160.000 euros á renovación da rúa Irmáns Suárez Ferrín, na Corveira. Trátase dunha vía residencial que comunica a avenida de Cordeda coa rotonda de Amparo López Jean, cun elevado tránsito.

Voluntarios de Protección Civil de Culleredo imparten un curso de primeiros auxilios ao profesorado da Galiña Azul de O Burgo

Os voluntarios de Protección Civil de Culleredo impartiron esta tarde un curso de primeiros auxilios ao profesorado da Galiña Azul de O Burgo. Celebrouse nun dos salóns do centro, de 17:00 a 19:00 horas. Á sesión asistiron unha ducia de profesores e profesores.

O Concello informa de que o servizo de alumeado público da rúa Pérez Lugín verase afectado debido a unha avaría na subministración

ACTUALIZACIÓN!
 
Solventada a avaría no servizo de alumeado público da rúa Pérez Lugín que afectaba á subministración na zona de obras de humanización en Vilaboa.
 
Desculpade as molestias.

 

Acto público na xunta de goberno local do 6 de febreiro de 2023

O Concello de Culleredo informa de que a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, do día 6 de febreiro de 2023 tratará como o acto público o punto 2, sobre a liquidación do contrato de explotación do complexo deportivo no monte Costa.

Culleredo comezou hoxe o seu proxecto pioneiro para impulsar a arbitraxe entre a mocidade

A arbitraxe comeza a ter canteira en Culleredo. O Concello e o Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol comezaron hoxe o proxecto pioneiro para promover esta vertente do deporte entre os mozos do municipio.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina