O Concello de Culleredo organiza o domingo, 19 de xuño, ás 11.00 horas, no polideportivo do Burgo os festivais municipais de ximnasia rítmica e patinaxe. No evento poderase gozar do espectáculo de humor de Peter Punk. O acceso é gratuito.
O paseo marítimo do Burgo acolleu o domingo 13 de xuño a competición oficial de billarda. En concreto, desenvolveuse a sétima xornada da Liga Atlántica, cos seguintes resultados.
Información sobre os cursos de natación que organiza o Club Natación Culleredo para este curso 2019-2020. A continuación pódese descargar a follar de inscrición.
Amplíase o prazo de inscripción para a VIII Carreira pola Ría do Burgo 10k. A proba forma parte do VI Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación Provincial da Coruña.
A carreira celébrarase o domingo 19 de maio no paseo marítimo da ría do Burgo, no Concello de Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ó pé da ría, na zona das pistas polideportivas.
O peche de inscripción prolóngase ata as 23:59 do martes 15 de maio.
O parque de Celas será a contorna escollida para a celebración da trixésimo oitaba edición do Torneo de Chave 'Concello de Culleredo 2019'.
O 18 de maio reuniranse os equipos de Aldea, O Xismo, O Burgo, Portazgo, Almeiras, Boedo e Acea de Ama, que competirán polo galardón a partir das 17:30 horas.
Baixo a dirección técnica do Club de Chave O Xismo, e o club Irmandade da Chave, e a organización do Concello de Culleredo, conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER