Deportes

Cursos de natación do Club Natación Culleredo

Información sobre os cursos de natación que organiza o Club Natación Culleredo para este curso 2019-2020. A continuación pódese descargar a follar de inscrición.

Resultados XLII torneo de fútbol de afeccionado Concello de Culleredo

O pasado domingo, 4 de agosto, arrincaba o XLII torneo de fútbol afeccionado Concello de Culleredo, onde o Olímpico de Rutis "A" - AD Culleredo se enfrentaban. Como resultado final, 3-1 a favor do conxunto de Rutis.

 

 
 

 

Cursos de natación verán 2019 en Culleredo

O Club Natación Culleredo e o Club Natación As Mariñas ceñebran cursos de natación neste verán, coa colaboración do Concello. A continuación pódese obter toda a información.

Convocatoria de uso de instalacións deportivas municipais

O Concello de Culleredo abre o prazo de solicitude de instalacións deportivas para a tempada 2019-2020. Estará aberto ata o 21 de xuño. A continuación pódense descargar o impreso de solicitude e as características da convocatoria.

Ampliada a inscrición para a Carreira pola Ría do Burgo 2019

Amplíase o prazo de inscripción para a VIII Carreira pola Ría do Burgo 10k. A proba forma parte do VI Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación Provincial da Coruña.

A carreira celébrarase o domingo 19 de maio no paseo marítimo da ría do Burgo, no Concello de Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ó pé da ría, na zona das pistas polideportivas.

O peche de inscripción prolóngase ata as 23:59 do martes 15 de maio.

 

Torneo de Chave 'Concello de Culleredo 2019'

O parque de Celas será a contorna escollida para a celebración da trixésimo oitaba edición do Torneo de Chave 'Concello de Culleredo 2019'.

O 18 de maio reuniranse os equipos de Aldea, O Xismo, O Burgo, Portazgo, Almeiras, Boedo e Acea de Ama, que competirán polo galardón a partir das 17:30 horas.

Baixo a dirección técnica do Club de Chave O Xismo, e o club Irmandade da Chave, e a organización do Concello de Culleredo, conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña. 

 

 

Manolo e José leváronse o XXI Campionato de Tute

O Concello de Culleredo finalizou o pasado venres o seu XXI Campionato de Tute coa final celebrada no Centro Cultural de Rutis. Manolo e José, do Bar As Tres Marías do Burgo, venceron a Cherrás e Martin, do Centro Social de Sueiro.

O Paseo Marítimo do Burgo acollerá a 1ª Carreira e Andaina Solidarias polo Parkinson

A Asociación de Parkinson Galicia-Coruña, xunto co Concello de Culleredo e Castelo Deportes, organiza a I Carreira e Andaina Populares polo Parkinson. A proba terá lugar o domingo 22 de outubro a partir das 10:30 horas na Ría do Burgo e o obxectivo é recaudar fondos para loitar contra a enfermidade.

Reaberto o polideportivo de Vilaboa tras as obras feitas polo Concello

O polideportivo municipal de Vilaboa xa volve funcionar tras as obras de modenización acometidas no verán polo Concello de Culleredo. A instalación, xa veterana, requiría dunha importante renovación para incrementar as súas prestacións aos usuarios.

O Olímpico de Rutis, vencedor do XL Trofeo de Fútbol Afeccionado do Concello

Tras unha competida final o Olímpico, que adestra Miguel Corral, fíxose co triunfo no XL Trofeo de Fútbol Concello de Culleredo Afeccionados ao gañar no partido decisivo ao Portazgo por 2-0. O campo do Rutis acolleu o pasado sábado este partido que decidía unha competición na que participaron tamén a UDJ Almeiras, a AD Culleredo e o equipo B do Olímpico.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina