Actualidad

Recital poético-musical 'De abrentes e ocasos', de Teatro do Atlántico

Este mércores, 16 de maio, o Edificio de Servizos Múltiples do Burgo albergará, a partir das 20:30 horas o recital poético-musical 'De abrentes e ocasos', de Teatro do Atlántico.
 
 

Culleredo encarga un proxecto de renovación de beirarrúas en O Portádego e Fonteculler

O Concello de Culleredo acaba de encargar a redacción dun proxecto para acometer a renovación das zonas peóns de diversas rúas interiores de O Portádego e Fonteculler. Son conxuntos eminentemente residenciais cuxas beirarrúas sofren da deterioración polo paso do tempo.
 

Programación do Día das Letras Galegas en Culleredo

O vindeiro 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, que este ano se adica a María Victoria Moreno, e o Concello de Culleredo programou unha serie de actividades para conmemorar este día, destacando a tradicional Feira de Artesanía do municipio.

 

Programa de actividades infantís para maio nas bibliotecas municipais

Xa se publicou o programa de actividades infantís de abril, o mes do libro, para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa).

Culleredo consolida a súa importancia na escena teatral e musical galega cunha oferta ampliada para 2018

O Concello de Culleredo confirma o seu protagonismo no panorama cultural galego cunha ampla e variada programación de aquí ao final de ano. A oferta municipal reúne artistas de primeiro nivel no panorama galego, tanto no apartado dirixido a adultos como no infantil, destacando así por variedade e cantidade.
 
 

Información sobre o imposto de circulación

O Concello de Culleredo ten delegada a xestión do imposto de circulación na Deputación da Coruña. Segundo nos teñen avisado varios veciños, se está a retrasar a chegada dos recibos ás vivendas para poder facer fronte ao seu pago, cando a data límite está cercana.

Todo preparado no Xalo para recibir o domingo a un milleiro de persoas na novena edición da Travesía

Hai moitas carreiras e andainas en España, pero ningunha como esta. A IX Travesía  do  Xalo terá lugar este domingo, 29 de abril, cunha participación prevista dun milleiro de persoas e coa combinación entre deporte e festa que promove a organización.

O paseo do río Trabe loce nova imaxe ao seu paso polo Burgo

Os paseantes que utilizan o río Trabe atópanse cunha nova imaxe para a zona xunto ao campo de fútbol do Burgo. Verde para peóns e vermello para bicicletas son as cores que loce este tramo do paseo restituído polo Concello de Culleredo.

Culleredo modifica un tramo da avenida de Vilaboa para incrementar a seguridade viaria e o aparcadoiro

Unha pequena reorganización nun tramo da antiga Nacional 550 en Vilaboa permite o incremento da seguridade viaria e das prazas de aparcadoiro. O Concello de Culleredo segue espremendo as posibilidades de mellora da avenida desde que asumiu o seu mantemento.
 

O Concello abrirá en Vilaboa unha Oficina de Asistencia ao Cidadán

O Concello de Culleredo atopou a vía legal para ofrecer aos cidadáns a realización de xestións e trámites en Vilaboa. Tratarase dunha Oficina de Asistencia ao Cidadán, que se situará en Vila  Melania.
 

Leo Bassi en Culleredo

O venres 20 de abril a partir das 20:30 horas Leo Bassi actuará no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
 
 

Culleredo informa sobre o novo bono social eléctrico

O Concello de Culleredo e a Fundación “Gas natural Fenosa”, impartirán o luns 9 de abril 3 talleres informativos dirixidos a toda a cidadanía. Os talleres teñen como obxectivos os de aprender a ler e optimizar a factura de luz e gas natural, establecer hábitos de consumo eficientes, e coñecer as axudas que hai a disposición dos/as veciños/as.
 
 

Culleredo lanza os seus campamentos urbanos de verán

O Concello de Culleredo convoca os seus campamentos de verán para nenos e nenas, cos que pretende favorecer a conciliación da vida laboral e familiar para a época estival. Estas actividades estarán orientadas a fomentar a convivencia a través de xogos, talleres, excursións e outras dinámicas  grupales rexidas polos valores de cooperación, respecto, igualdade e apoio mutuo.
 

Culleredo proxecta a rehabilitación integral do corazón de Fonteculler

O  Concello de Culleredo programa unha actuación de mellora integral no centro de Fonteculler. Abarcará á rúa das Brañas e a parte de Jorge Guillén, dúas vías neurálxicas na parte tradicional do núcleo.
 
 

Programa de actividades infantís para abril nas bibliotecas municipais

Xa se publicou o programa de actividades infantís de abril para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa).

Culleredo proxecta a modernización das pistas deportivas do paseo marítimo

Entre os distintos espazos de lecer que alberga o paseo marítimo entre Fonteculler e O Burgo atópanse dúas pistas deportivas, que reúnen cada día a moitos veciños, especialmente nenos. O  Concello de Culleredo prepara un proxecto para modernizar as instalacións, incrementando a súa funcionalidade e as súas prestacións.
 

O Concello inicia a construción da nova glorieta de Fonteculler

O Concello de Culleredo iniciou hoxe os traballos de construción dunha glorieta na avenida de Fonteculler, no cruce co acceso á urbanización A Ría e ao colexio Ponte Pasaxe, un dos puntos de maior circulación rodada do municipio.

O servizo municipal de Emerxencias de Culleredo alcanzou as 1.926 intervencións en 2017

O servizo de Protección Civil e Emerxencias do  Concello de Culleredo acaba de publicar a súa memoria de actuacións e intervencións relativas ao exercicio 2017. Os efectivos tiveron unha inxente actividade, en resposta ao interese do  Concello por ofrecer un servizo de intervención rápida aos veciños, sumando un total de 1.926 actuacións, un 22,75% máis que en 2016.

Información sobre a apertura do novo CEIP de Culleredo

A Consellería de Educación celebrou onte luns unha reunión para informar sobre a apertura do novo CEIP de Culleredo, unha petición trasladada polas ANPA e o Concello. O encontro tivo lugar no IES Rego de Trabe e contou coa participación dunha vintena de familias. Asistiron, entre outros representantes, o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, e a concelleira de Educación e Cultura, Carmen Varela.

A praza da igrexa Vilaboa terá un parque multixogos que duplicará a superficie do actual

O Concello de Culleredo traballa no proxecto do espazo que será “referencia na comarca”. Os parques da praza de Europa e de Galicia tamén serán remodelados.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina