Actualidad

As bibliotecas municipais de Culleredo celebran o Día do Libro

As bibliotecas municipais de Culleredo recuperan os puntos de intercambio de libros, desde hoxe, 22 de abril, co gallo do Día Internacional do Libro.

 

A banda madrileña de swing No Reply convértese na primeira confirmación do Burgojazz 2022

A banda madrileña de swing No Reply convértese na primeira confirmación para o Burgojazz 2022, cuxa XXI edición recuperará o seu formato tradicional tras a pandemia. Celebrarase do 1 ao 4 de xullo e proximamente iranse anunciando vindeiras confirmacións do cartel definitivo.

O pavillón de Tarrío acollerá a 'Final Four' autonómica de balonmán

O pavillón municipal de Tarrío será escenario esta fin de semana da cita máis importante da tempada do balonmán galego; a 'Final Four' da primeira división autonómica, que decidirá os campións en categoría masculina e feminina e nal cal participará o Balonmán Culleredo.

Special Olympics celebra este sábado en Culleredo a edición 25 dos seus xogos autonómicos de campo a través e petanca

O Concello de Culleredo e  Special Olympics Galicia presentaron hoxe a edición 25 dos Xogos Autonómicos de Campo a través e Petanca para persoas con discapacidade intelectual que terán lugar no Burgo o sábado 23 de abril.

Culleredo retoma o Memorial 'Tino Poza' co patrimonio natural e monumental como motivo da pintura in situ

O Xardín Botánico do Paseo Marítimo do Burgo acollerá o vindeiro 30 de abril unha nova edición do certame de artes plásticas 'Tino Poza'.

O Concello confecciona o programa municipal 'Mañás de campamento 2022' para as vacacións de verán

O luns 18 de abril iníciase o período de solicitudes para participar na actividade.

El Ruiseñor volve encher na casa e sen butacas ‘encintadas’ coa adaptación de Scrooge, de Charles Dickens

O alumnado da compañía de teatro El Ruiseñor, que dirixe Susana Crespo, executou a pasada semana Scrooge, de Charles Dickens, baixo o mando da propia fundadora, no Auditorio Gustav Mahler do Conservatorio Municipal de Música. Supuxo a volta aos escenarios no municipio da compañía.

Novo vertido incontrolado no Monte Xalo

O Concello de Culleredo, a través de varios avisos da veciñanza e posterior corroboro dos axentes da Policía Local, detectou novas verteduras incontroladas no rural, e porá en marcha un dispositivo policial para tratar a súa erradicación. Estas accións supoñen un atentado contra o medio ambiente, e estes comportamentos poden carrexar sancións de ata 3.000 euros. Os feitos xa foron comunicados e trasladados ás autoridades.

Sesión do Pleno da corporación do Concello de Culleredo con data 31 de marzo de 2022

O Concello de Culleredo celebrará mañá, xoves 31 de marzo, unha sesión ordinaria do Pleno da corporación. 

O programa ‘Perros y letras’, que se desenvolve en Culleredo, a estudo pola Universidade de Oviedo

O Concello de Culleredo, a través da área de Educación, aposta novamente por implementar o programa “Perros y letras” de READ España nos centros públicos do municipio.

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación con data 30 de marzo de 2022

O Salón de Plenos do Concello de Culleredo acollerá mañá, mércores 30 de marzo, unha sesión extraordinaria ás 10:00 horas, coa seguinte orde do día: 

Apertura do corte de tráfico na rúa Choeira e novo corte o luns 28 de marzo na rúa Catas

Hoxe venres 25 de marzo abrirase o corte de tráfico localizado na rúa Choeira á altura da Igrexa e o vindeiro luns, 28 de marzo, cortarase a rúa Catas.

Culleredo mostra de novo o seu lado máis solidario e consegue 4.491 euros para ser destinados a axuda humanitaria para Ucraína

Onte, 24 de marzo, celebrouse un concerto-maratón solidario no Auditorio  Gustav Mahler do Conservatorio Municipal organizado polo Concello e as oenegués Cáritas, Médicos del Mundo, Cruz Vermella, Refugees Welcome e Mestura.

O Concello planea un coloquio para consumidores dentro do ciclo de tertulias e charlas 2022

O  Concello de Culleredo pon en marcha o ciclo de faladoiros e charlas 2022 cun coloquio para todas as persoas interesadas baixo o título “Consumidores: onde e como reclamar?”. Celebrarase este venres, 25 de marzo, ás 11:30 horas na Sala Emilia Calei de Sagrada Familia, en Vilaboa. 
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina