O goberno de Culleredo prepara a humanización das rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte. Novas xardineiras, bancos, espazos para aparcar as bicis e o traslado dos colectores soterrados en desuso serán as actuacións.
Ante os graves incumprimentos do acordo firmado co Concello da Coruña para a prestación do servizo de taxis no aeroporto, o Concello de Culleredo denunciará o convenio e demandará a redacción dun novo para mellorar o sistema. Prevese unha reunión para finais de mes.
A empresa encargada da mellora do abastecemento de auga iniciou o asfaltado de toda a avenida de Electo Carballo,cun firme moi deteriorado debido ás obras levadas a cabo nos últimos meses.Será o paso previo á renovación da vía que efectuará o Concello con obxecto de incrementar a seguridade viaria para os peóns.
O corte na Nacional 550, entre O Portádego e A Coruña, por motivo das obras no abastecemento finalizou tres días antes do previsto. O Concello manterá nos primeiros días un dispositivo especial de vixilancia da Policía Local para garantir que se recupere con normalidade o tránsito.
O Concello de Culleredo inicia as obras de remodelación das rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte. O goberno local levará a cabo un plan especial de tráfico na zona habilitándose o acceso a residentes por Sanjurjo de Carricarte desde a avenida de Ribados.
A Nacional 550, desde O Portádego ata A Coruña, permanecerá cortada en parte ao tráfico desde o luns 2 de setembro ata o 15 do mesmo mes. O motivo consiste na execución das obras de mellora do abastecemento á cidade da Coruña e á área metropolitana que leva a cabo Emalcsa.
O Concello de Culleredo acorda coa empresa adxudicataria das obras de ampliación da pista do aeroporto de Alvedro unha serie de medidas para respectar ao máximo as festas veciñais da parroquia, que terán lugar entre o sábado 31 e o luns 2 próximos.
O Concello de Culleredo acometeu a remodelación da rúa Xafontes, de Vilaboa. O plan de melloras na rede viaria confeccionado polo goberno municipal incluíu esta rúa dada a necesidade de renovar a calzada, deteriorada co paso do tempo.
O goberno de Culleredo iniciará esta semana, unha vez ultimado o contrato coa empresa adxudicataria, os traballos da mellora das rúas peonís do Burgo, Sanjurjo de Carricarte e Hersa. Os traballos consistirán en retirar as laxas en mal estado para substituílas por outras: serán uns 120 metros cadrados. O investimento neste apartado ascende a 25.000 euros.
O goberno de Culleredo acometerá de forma inminente 14 paquetes de actuacións ao longo do municipio que servirán para dar resposta a algunhas das necesidades detectadas e para levar a cabo distintas melloras de carácter urbano. As obras atópanse no final da súa tramitación de contratación polo que o Concello estima que se iniciarán de inmediato.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER