O Concello de Culleredo abre o prazo de preinscrición para os novos Campamentos Urbanos de Nadal, que terán lugar no Edificio de Servicios Múltiples do Burgo no período vacacional dos rapaces. Para fomalizala, cómpre entregar o boletín cuberto na Concellaría de Cultura até o venres 25 de novembro.
A Biblioteca Miguel González Garcés, sita no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, acolle o venres 18 de novembro, ás 18.30 horas, a representación do contacontos "A dragona Ramona".
Está dirixido a nenos a partires dos 3 anos de idade e o acceso é libre.
A mostra colectiva "Pintando á natureza", da asociación de Artistas Plásticos de Galicia chega á sala de exposicións dos Muíños de Acea de Ama. A inauguración será o venres 11 ás 20.30 horas.
OS SETE MAGNÍFICOS MÁIS UN. DOUS PALLASOS EN APUROS
(Espectáculo de clown, comedia e humor indicado para público familiar)
Terá lugar o venres 4 de novembro ás 19.30 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
O Concello de Culleredo celebrará o sábado 29 de outubro a tradicional festa do Magosto Municipal. Terá lugar no parque recreativo de Celas, a partires das 6 da tarde.
O Concello de Culleredo organiza un curso de técnica de cómic destinado a pequenos de entre 10 e 13 anos de idade. Terá lugar no Pazo de Villa Melania (Vilaboa) a partires do vindeiro 3 de novembro.
A biblioteca Miguel González Garcés do Burgo ofrece unha programación infantil en novembro que inclúe actividades coma contacontos, contos en inglés, ou concertos didácticos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER