A sala infantil da Biblioteca do Burgo inicia un programa de talleres que se prolongará durante todos os mércores dos meses de xullo e agosto. A Concellaría de Cultura deseñou unha variada programación, baseada principalmente no ámbito das manualidades, dirixida para nenos e nenas maiores de 5 anos de idade. As actividades comezan o mércores 3.
O festival BurgoJazz chega á súa XIII edición centrado na promoción dos artistas galegos e da comarca do xénero. Serán cinco xornadas, do 4 ao 8 de xullo, que levarán a grupos emerxentes ao xardín botánico do Burgo. Unha das grandes novidades reside na participación por primeira vez no festival da Big Band do Conservatorio. Desta forma, o Concello aposta por promocionar o traballo dun grupo creado no centro de formación municipal e con moito futuro no panorama musical.
Para animar ás familias a optar a algunha das vacantes, o Conservatorio Municipal de Música de Culleredo celebra hoxe, mércores 5, e mañá xoves 6 de xuño, as súas primeiras xornadas de portas abertas. Quen se achegue á dependencia municipal situada en Acea de Ama poderá acceder ás clases como observador e presenciar como se manexan os alumnos cos seus instrumentos. As portas abertas desenvolveranse entre as 17.00 e as 20.00 horas.
O goberno de Culleredo amplía o seu abanico de programación cultural coas miras postas no humor. O Concello organiza durante os venres de xuño a primeira edición do Festival do Humor, que levará ao Edificio de Servizos Múltiples do Burgo a recoñecidas figuras do xénero. O programa componse de monólogos, un taller de risoterapia e unha charla sobre o humor en Galicia. O prezo do abono é de 20 euros e de cada actuación solta, 7 euros.
Culleredo continúa incrementando as variedades culturais que ven acollendo semana tras semana coa actuación do grupo “La Trova”, previa á presentación oficial do seu novo disco “Nuevo Aire”. O concerto, con entrada de balde, terá lugar e venres, 31 de maio, ás 21.00 horas, no salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
O artista Carlos Ares logrou onte sábado pola noite un cheo no auditorio do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo. O músico ofreceu un concerto, moi especial por tratarse do lugar onde creceu na súa formación. Así o lembrou Ares no inicio do recital. que estivo acompañado para a escenografía por compoñentes da compañía de teatro El Ruiseñor, de Culleredo.
O goberno de Culleredo, a través da Concellaría de Cultura, celebra o Día dás Letras Galegas que lembra a Roberto Vidal Bolaño, autor que mantivo en vida unha relación co municipio. O venres 17, terá lugar un concerto musical infantil no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo a partir das 19.30 horas. O Concello pospón por tanto as actividades ao aire libre previstas polas copiosas previstas.
O Concello de Culleredo informa da suspensión das actividades ao aire libre previstas para o vindeiro venres 17, para celebrar a festividade do Día dás Letras Galegas. A mala previsión meteorolóxica para esa xornada, con choivas copiosas, levan ao goberno local a esta decisión, ao considerar que existe alto risco de que non se puidese celebrar ou de que quedase totalmente deslucido.
O Concello de Culleredo organiza para o 17 de maio, día das Letras Galegas, unha Feira de Artesanía. Terá lugar na praza de Europa do Burgo desde as 12.00 horas. Participarán 40 artesáns e haberá actuacións folclóricas e un festival infantil. Finalizará a xornada cun concerto para nenos no Edificio de Servizos Múltiples.
O Concello de Culleredo ofrece unha programación especial de actividades na Biblioteca do Burgo en conmemoración do Día das Letras Galegas que homenaxea a Roberto Vidal Bolaño. Os nenos das diferentes idades poderán participar en actividades coma obradoiros e contacontos para celebrar este día da literatura galega.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER