Conservatorio

Curso de técnica e interpretación musical de saxofón

O Concello de Culleredo, desde o Conservatorio Municipal de Música, organiza un curso de técnica e interpretación musical de saxofón. As clases terán lugar do 13 ao 15 de maio no Conservatorio de Culleredo, sumando un total de 12 horas lectivas.

Gran concerto de fin de curso dos alumnos do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo

O Conservatorio Municipal de Música do Concello de Culleredo despediu o curso 2012/2013 cun concerto especial celebrado no Auditorio Gustav Mahler do centro. Nesta clausura da temporada participaron os  coros e as orquestras de Grao Elemental e Grao Profesional do Conservatorio e a Big Band, que ofreceron ao público un repertorio cos diferentes rexistros que dominan.

Conservatorio Municipal de Música: calendario e vacantes para o curso 13-14

O Concello de Culleredo publica o calendario do curso próximo do Conservatorio Municipal de Música e as vacantes nas diferentes especialidades para primeiro de grao elemental e profesional. O luns, 3 de xuño ábrese o prazo para inscribirse as probas de acceso a 1º de grao elemental.
 

O Conservatorio Municipal de Culleredo estrea a súa Big Band de Jazz

A Big Band do Conservatorio de Culleredo presentaranse ante o público no Concerto de Fin de Curso que terá lugar a partir das 19.30 horas do venres 15. A Big Band está orientada á música jazz e está composta por 17 artistas de 13 a 18 anos de idade e dirixida polo profesor Iván Doval.

O Conservatorio de Culleredo mantén aberta a inscrición para o curso 12-13

O Conservatorio Municipal de Música de Culleredo emprende o proceso de inscrición no ensino dos graos elemental e profesional. O acceso ao primeiro curso de ambos graos conclúe este venres, 15 de xuño. O centro musical cullerdense permite cursar nas modalidades de acordeón, canto, clarinete, frauta, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, viola, violín e violoncello.

Concerto da orquestra e da Big Band do Conservatorio

 

CONCERTOS CLÁSICOS NO CONSERVATORIO DE CULLEREDO

Concerto de clarinete

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina