Taboleiro

Campaña de esquí 2015 da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Culleredo, convoca a súa campaña de esquí para 2015. A actividade terá lugar en Manzaneda, do 13 ao 15 de febreiro.

Acto público na xunta de goberno local do luns 1 de decembro

A Xunta de Goberno Local que terá lugar o día 1 de decembro de 2014 ás 13.00 horas tratará en acto público na sala de Comisións da Casa Consistorial a determinación do prezo na opción de compra dun vehículo de emerxencias.

Asiste á III Andaina contra a Violencia de Xénero

O Concello de Culleredo participará na III Andaina pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero, que organiza o Consorcio As Mariñas. Será este ano en Betanzos, o 22 de novembro, ás 10.00 horas. O Concello pon autobuses gratis para acudir.

Campamento de Nadal do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo aposta de novo por proporcionar aos veciños unha alternativa de lecer infantil durante as vacacións escolares de Nadal. O Burgo acollerá un campamento urbano do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, fóra de fins de semana, festivos e 24 e 31, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.

Programación infantil outubro - decembro

O Concello de Culleredo ofrece unha ampla programación infantil na Biblioteca de Vilaboa. Contacontos, contos en inglés, obradoiros e biblioxogos conforman a programación.

Acto público na xunta de goberno local do luns 20 de outubro

A Xunta de Goberno Local do 20 de outubro de  2014 ás 13.00 horas tratará en acto público o reaxuste da anualidade do contrato de axuda a domicilio.

Tramitación do DNI en Culleredo

As vindeiras datas previstas para a tramitación do DNI no Concello de Culleredo son o 17 e 18 novembro, en horario de 9:00 a 12:30 horas, nas oficinas municipais de Vilaboa, sitas no Pazo Villa Melania.

Actividades infantís do mes de outubro

O Concello de Culleredo presenta a súa programación infantil para este mes de outubro. A oferta componse das actividades da biblioteca e do Festival Internacional de Títeres que promove o Consorcio As Mariñas.

Actividades para adultos na Biblioteca Municipal de Vilaboa

O Concello de Culleredo acaba de lanzar a programación para adultos nas bibliotecas municipais. A Biblioteca "Xosé Cardeso Liñares", situada en Vilaboa, acolle desde este mes diferentes actividades relacionadas coa literatura, destinadas para veciños desde os 18 anos de idade.

Acto público na xunta de goberno local do 29 de setembro

A Xunta de Goberno Local do 29 de setembro de 2014 ás 13.00 horas tratará en acto público a rectificación do acordo de adxudicación do subministro dun vehículo de emerxencias.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina