ATENCIÓN PRESENCIAL CON CITA PREVIA

Lembramos que as oficinas do Concello de #Culleredo volven a estar abertas, con atención dispoñible previa cita.

 

 

Iniciativa do equipo de Normalización e Dinamización da Lingua do IES Blanco Amor

No IES Eduardo Blanco Amor puxeron en marcha este Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega, unha iniciativa transmedia para a transición da rapazada cara a unha nova normalidade lingüísitica.

 

Cita previa para as bibliotecas de Culleredo

O servizo de biblioteca reanudarase a partir de mañá xa que, ao entrar na Fase 1, pode restablecerse, aínda que dentro das posibilidades que permite a desescalada. 

 

As bibliotecas de Culleredo comezarán a retomar a actividade a partir da vindeira semana

O Concello de Culleredo comezará a iniciar a actividade nas súas bibliotecas municipais a partir da semana que vén, co dia concreto no que se producirá a reapertura aínda por especificar. 

 

Sorpresa Cullerchef

A gañadora do sorteo do reto Cullerchef é Elena Teijo. Leva un lote de regalos do Cullerchef (mandil, tote, culler de pau e ensaladeira).

 

 

Permitida a atención a hortos familiares, autoconsumo ou municipais

Desde a Fase 0, é dicir, a partir do 4 de maio, permítese atender os hortos familiares, de autoconsumo ou municipais, sempre que estean no mesmo termo municipal que o domicilio e se adopten as debidas precaucións hixiénicas e de distanciamiento social.

 

Lista de establecementos comerciais abertos no estado de alarma

O Concello de Culleredo publica a lista de establecementos comerciais abertos no municipio durante o estado de alarma. A iniciativa serve para iniciar a campaña Nós quedamos contigo que realiza o goberno local para respaldar a autónomos e pemes do concello.

RECOMPILACIÓN DAS ACTIVIDADES DURANTE O ESTADO DE ALARMA

Viches todas as actividades que preparamos na Concellaría de Cultura, nas bibliotecas municipais e no Servizo de Normalización Lingüística para ti e para toda a túa familia durante o confinamento?

 

CÁPSULA DO TEMPO

Desde o Concello de Culleredo propoñémosvos unha iniciativa para que esta etapa das nosas vidas quede na vosa memoria por e para sempre, pero tamén a modo de lembranza física.

CÓMIC DO CONCELLO DE CULLEREDO SOBRE AS RECOMENDACIÓNS DAS SAÍDAS DOS MENORES DE 14 ANOS A PARTIR DESTE 26 DE ABRIL

O Concello de Culleredo pon á vosa disposición -sobre todo dos máis pequenos- un cómic para que sigan as indicacións sobre as novas saídas dunha maneira lúdica. 

Lembrade seguir as recomendacións en todo momento! 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina