O Concello modernizará os parques infantís de todos os colexios do municipio

O Concello de Culleredo elixiu os patios de todos os colexios de educación infantil e primaria do municipio para executar unha dos maiores investimentos do ano. O Concello acaba de publicar a licitación, por unha contía de 208.112,82 euros, a renovación dos parques do CEIP Isaac Díaz Pardo (O Burgo), CEIP Ría do Burgo (Fonteculler), CEIP Sofía Casanova (Vilaboa) e CEIP Tarrío.

Campaña especial de doazón de sangue esta semana

O Concello de Culleredo acolle esta semana unha campaña especial de doazón de sangue. Neste verán, os hospitais precisan preto de 500 doazóns de sangue cada día para atender a todos os enfermos e por iso o Concello fai un chamamento á cidadanía para participar nesta iniciativa solidaria.

Dispositivo especial de tráfico polas festas do Burgo

As festas patronais do Burgo comezan mañá coa previsión de traer miles de persoas a Culleredo. Son un dos festexos referencia en Galicia, e os veciños espéranas con expectación. O Concello terá un plan especial de tráfico focalizado na seguridade do peón, co reforzo diario de patrullas da Policía Local, que ademais apoiarán á Garda Civil no operativo de seguridade que establecerá.

Culleredo propón as comisións de festas unificar o fío musical para reducir o ruido

O Concello de Culleredo impulsará para o ano que vén unha medida innovadora para minimizar o ruído excesivo nas festas. O goberno local aposta por unificar o fío musical dos postos e así garantir que se cumpre o volume e o horario que marca a normativa da Xunta de Galicia.

O Concello estende ao rural as clases públicas de reforzo escolar

A zona rural de Culleredo tamén conta desde este ano co programa municipal de clases de reforzo escolar do Concello. Para ofrecer este servizo educativo tamén aos veciños destas parroquias, o goberno local creou un grupo no Centro Cultural de Ledoño. 

O parque infantil de Ledoño será o segundo cuberto do municipio

O Concello de Culleredo publica a licitación da obra para obter o segundo parque infantil cuberto do municipio. A iniciativa probada no parque da Corveira está a ser satisfactoria, ao permitir incrementar o uso da instalación infantil, e por iso o goberno municipal aposta agora por cubrir o de Ledoño, que ademais será modernizado.

O comercio local celebra o venres a Noite Branca con multitude de actividades e descontos

O Concello de Culleredo en colaboración coa Asociación de Comerciantes organiza este venres 15 a Noite Branca, iniciativa que trata de dinamizar o tecido comercial e que este ano terá temática mariña. En concreto a zona comercial abarcará a praza Europa, praza de Galicia, rúa Sanjurjo de Carricarte, Largo Caballero e avda. da Coruña.

Operativo de limpeza urbana especial tras as festas de Vilaboa

As festas patronais de Vilaboa, unhas das máis concorridas da comarca, desenvolvéronse en xeral con normalidade. A Policía Local de Culleredo e a Garda Civil estableceron un dispositivo con reforzo de patrullas en horario nocturno para atender as posibles incidencias. Agora o Concello montou un operativo especial de limpeza.

Clausurado o plan de formación municipal coa participación de 145 veciños

O Concello de Culleredo clausurou o plan municipal de formación, lanzado para promover o incremento de competencias profesionais de veciños en situación de desemprego. Foron 145 veciños con estas características os que se formaron coa iniciativa.

O goberno local aproba crear unha vía verde de Orro a Boedo

O Concello de Culleredo aprobou na sesión ordinaria do pleno, por unanimidade, a creación dunha vía verde no paso antigo do ferrocarril desde Orro a Boedo pasando por Bregua. A proposta foi presentada polo goberno municipal, que aposta por aproveitar este espazo hoxe en desuso para o turismo e o deporte ao aire libre.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina