Mañá, venres 13 de abril, na Praza de Galicia do Burgo ás 19:30 horas: 87º aniversario da II República, homenaxe ás mulleres represaliadas polo franquismo.
Tamén haberá unha ofrenda floral no monumento ao Guernika.
Concerto exprés de saxofón e piano, Diego Torreiro e Beatriz Vázquez. Xoves 12 de abril ás 18:30 horas no hall da planta C do Conservatorio. Entrada libre.
Concerto exprés de saxofón e piano, Diego Torreiro e Beatriz Vázquez. Xoves 12 de abril ás 18:30 horas no hall da planta C do Conservatorio. Entrada libre.
Leo Bassi chega ao Concello de Culleredo co seu espectáculo 'El último bufón', no que o cómico de orixe italiana repasa os seus 40 anos de traxectoria teatral.
A actuación terá lugar o venres 20 de abril a partir das 20:30 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
A entrada é gratuíta e os pases poderán recollerse no propio edificio desde as 19:30 horas.
O Concello de Culleredo e a Fundación “Gas natural Fenosa”, impartirán o luns 9 de abril 3 talleres informativos dirixidos a toda a cidadanía. Os talleres teñen como obxectivos os de aprender a ler e optimizar a factura de luz e gas natural, establecer hábitos de consumo eficientes, e coñecer as axudas que hai a disposición dos/as veciños/as.
O Concello de Culleredo convoca os seus campamentos de verán para nenos e nenas, cos que pretende favorecer a conciliación da vida laboral e familiar para a época estival. Estas actividades estarán orientadas a fomentar a convivencia a través de xogos, talleres, excursións e outras dinámicas grupales rexidas polos valores de cooperación, respecto, igualdade e apoio mutuo.