O pasado venres, 8 de xuño, o Xardín Botánico do Burgo acolleu o acto central do V Aniversario da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
O Concello de Culleredo celebra este domingo 10 de xuño, a VII Carreira pola Ría do Burgo no paseo marítimo do Burgo. Congregará a 650 corredores de distintas categorías e o carril bici estará cortado de 9 a 14 horas.
Tras seis anos de ausencia, este fin de semana regresa a Culleredo o Encontro de Clásicos e Deportivos. O evento, organizado polo Concello de Culleredo e o Club Automóbil Culleredo, alcanza este ano a súa quinta edición e será tamén un memorial a Luis Varela Serantes, ex presidente do club, falecido en novembro de 2017.
A acción heroica realizada por dous gardas civís o pasado 26 de maio motivou o acto de recoñecemento ao seu servizo organizado hoxe polo Concello de Culleredo. O alcalde, José Ramón Rioboo, agradeceu en nome da cidadanía do municipio “o valor, valentía e profesionalidade” de Salvador Ponte e Fran Calabria, os dous axentes do posto da Garda Civil de Cambre que aquela madrugada do 26 de maio entraron no edificio da avenida de Fonteculler onde se declarou un lume para salvar á familia dun dos pisos próximos afectados polo fume.