As entidades deportivas de base poderán formarse en Culleredo en normativa sectorial e xestión contable e fiscal

O Centro Municipal de Formación e Emprego Pablo Picasso de Culleredo acollerá o vindeiro xoves, 3 de decembro, unha nova xornada do II Programa de Formación para Entidades Deportivas de Base, promovido pola Deputación da Coruña. A sesión desenvolverase a partir das 17:00 horas.
 
O funcionamento diario dos clubs deportivos obriga a afrontar cuestións legais, administrativas e económicas que requiren coñecementos específicos. Esta segunda edición do programa ofrece ferramentas para responder a estes retos con profesionais que teñen experiencia no ámbito deportivo.
 
A primeira intervención, de 17:00 a 18:30 horas, correrá a cargo de Miguel Juane, avogado especializado en dereito deportivo. Juane abordará a normativa sectorial do deporte para axudar a comprender mellor o marco legal no que as entidades desenvolven a súa actividade.
 
A continuación, de 18:30 a 20:00 horas, Álvaro Illobre centrarase na xestión da contabilidade e a tesouraría, así como nas obrigas fiscais dos clubs. Illobre, profesional vinculado á xestión de entidades deportivas e ao tenis adaptado, compartirá a súa experiencia na organización e o funcionamento deste tipo de entidades.
 
A xornada está dirixida ás persoas que traballan cada día polo deporte de base, xa sexa na xestión, na dirección ou na organización dos clubs. As persoas interesadas poden consultar o programa completo e inscribirse a través da seguinte ligazón:

INSCRICIÓNS PARA A XORNADA

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina