Campamentos de Nadal 2026/2027 do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo lanza o Campamento de Nadal 2026/2027, que terá lugar durante o período non lectivo de Nadal co obxectivo de ofrecer á veciñanza unha alternativa que permita a conciliación da vida familiar e laboral. 

Celebrarase no CEIP P. Vila de Rutis desde o 22 de decembro de 2026 ata o 8 de xaneiro de 2027 (ambos os dous días incluídos) nunha quenda única de 3 semanas en horario de 09:00 a 14:00 horas. Ofrécense, así mesmo, servizos complementarios opcionais de almorzo (de 07:30 a 09:00 horas) e de xantar (de 14:00 a 16:00 horas).

O prazo de solicitude de praza comprenderá do 23 ata o 27 de novembro ás 14:00 horas.

Terán preferencia aquelas familias empadroadas en Culleredo que acrediten a necesidade de conciliación familiar.

As familias poden consultar toda a información na páxina habilitada para o efecto.

Vista previaAdxuntoTamaño
ficha_de_solicitude.pdf96.43 KB
declaracion_responsable_e_autorizacion_nadal_2627.pdf110.14 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina