O Concello de Culleredo publicas as listas de adxudicación de prazas e orde na lista de agarda do Programa de Actividades municipais culturais e deportivas 2026/2027.
O prazo de matrícula comezará o día 21 de setembro ás 09:00 horas e rematará o día 25 de setembro ás 14:00 horas. A matrícula poderá facerse de maneira presencial, por correo electrónico ou a través dunha Instancia Xeral pola Sede Electrónica.
En calquera dos tres casos é importante entregar a documentación que se solicita, e se pode descargar nesta nova (ficha de matrícula, orde de domiciliación bancaria e xustificante de bonificación, de ser o caso) debidamente cuberta e asinada. E nos tres casos tamén será importante entregalo no prazo marcado: todas aquelas formalizacións de matrícula que entren fóra de prazo, tanto antes coma despois do mesmo, non se terán en conta.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER