O Concello de Culleredo lanza a segunda edición do concurso de booktrailers polo Día das Letras Galegas

O Concello de Culleredo, a través do Centro de Información e Participación Xuvenil (CIPAX), pon en marcha a segunda edición do seu concurso de booktrailers, unha iniciativa que combina literatura, cinema e creatividade co gallo do Día das Letras Galegas 2026.
 
A proposta está dirixida á mocidade de entre 13 e 29 anos, que poderá participar de forma individual ou en grupo, coa finalidade de reinterpretar obras da literatura galega mediante pezas audiovisuais breves. O obxectivo é fomentar a lectura, a expresión creativa e a alfabetización mediática, adaptando os relatos literarios aos códigos visuais contemporáneos.
 
Un booktrailer é unha pequena peza audiovisual que transmite o espírito dunha obra literaria, do mesmo xeito que un tráiler de cine. Non se trata de contar toda a historia, senón de capturar a súa atmosfera, o seu ton ou unha idea clave. As propostas poden adoptar múltiples formas: desde curtametraxes con actores e actrices ata animacións, colaxes visuais ou vídeos de carácter máis conceptual ou poético.
 
Desde a organización sublíñase que non é necesario contar con medios profesionais: “Abonda cun móbil, unha boa idea e ganas de contar algo”, destacando así o carácter accesible e aberto do certame.
 
Os traballos deberán ter unha duración de entre 30 segundos e 2 minutos, estar realizados en galego e basearse en obras escritas na nosa lingua. A técnica é libre, podendo combinar diferentes formatos e recursos, incluíndo animación, stop-motion ou incluso contidos xerados con intelixencia artificial.
 
O prazo de presentación estará aberto ata o venres 8 de maio de 2026. As propostas deberán enviarse mediante unha ligazón ao vídeo ao correo habilitado pola organización.
 
Toda a información detallada sobre as bases, requisitos e documentación necesaria pode consultarse na web oficial do certame: www.booktrailerculleredo.com.
 
O certame repartirá premios de ata 300 euros en material cultural ou tecnolóxico, ademais de vales para libros noutras propostas destacadas. O fallo do xurado darase a coñecer o 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas.
 
Con esta iniciativa, o Concello de Culleredo reafirma o seu compromiso coa promoción da cultura galega e coa creación de espazos nos que a mocidade poida explorar novas formas de expresión, conectando a tradición literaria coas linguaxes audiovisuais do presente.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina