Cine, charlas e contacontos protagonizan unha semana marcada pola cultura en Culleredo

A cultura volve protagonizar a semana en Culleredo. O Concello elabora unha axenda marcada polas actividades culturais, con cine, charlas e contacontos para entreter e concienciar á cidadanía, dentro do programa do 8M e tamén da aposta municipal por fomentar a igualdade e promover a cultura.
 
Na mañá deste martes estaba programada a primeira quenda das charlas “Mulleres de Culleredo que fan historia”, co alumnado do CEIP Sofía Casanova como público. A conferencia aborda a vida de diferentes mulleres do municipio que acabaron nas páxinas da historia, como é o caso da propia Casanova, destacada correspondente no estranxeiro.
 
A charla ofrecerase mañá, mércores 25, aberta ao público na Biblioteca Municipal do Burgo ás 17:30 horas. Ambas citas están enmarcadas na programación do Concello con motivo do 8M.
 
Tamén dentro dos actos do Mes da Muller, o xoves proxectarase o documental “Hijas de Cynisca”. A película aborda unha das discriminacións máis persistentes da nosa sociedade: a do ámbito deportivo, onde as mulleres seguen atopando obstáculos constantes que dificultan o seu progreso. A sesión comezará ás 17:50 horas no Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples e a entrada será libre.
 
Por outra banda, os contacontos regresan o venres da man da Dragona Ramona, que relatará a historia “A pequena osa quere xogar”. Neste caso, a actividade comezará ás 17:30 horas na Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa e está dirixida a nenos e nenas maiores de tres anos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina