Culleredo entrega os premios á decoración do Nadal do comercio e da hostalería local

O Concello de Culleredo fixo entrega dos premios á mellor decoración do Nadal en comercios e establecementos hostaleiros do municipio, uns galardóns que este ano recoñeceron a Tania Louro Peluquería e a Café Bar Toxo Bravo como gañadores do VI Concurso de Escaparatismo de Nadal e do II Concurso de Ambientación de Nadal na Hostalería Local, respectivamente. 
 
No concurso de escaparatismo participaron un total de 79 establecementos, sendo os tres mellor valorados, segundo a media entre os votos do público e a puntuación dun xurado profesional, Tania Louro Peluquería, Farmacia Ortopedia Almeiras e Farmacia Grandal. Os premios consistiron en 500 euros para o primeiro clasificado, 300 euros para o segundo e 200 euros para o terceiro. 
 
Pola súa banda, o concurso de ambientación do Nadal en hostalería contou coa participación de 23 negocios. Os tres locais mellor valorados foron Café Bar Toxo Bravo, El Sazón de Fina e A Penúltima, que recibiron premios en metálico de 300, 200 e 150 euros, respectivamente. 
 
A tenente de alcalde, Cristina Pardo, e o concelleiro de Comercio, Mario Iglesias, foron os encargados de entregar os premios, desprazándose persoalmente a cada un dos establecementos galardoados para felicitarlles polo seu traballo e dedicación. 
 
Ambos concursos rexistraron unha alta participación cidadá, con preto de 3.500 votos, o que pon de manifesto o éxito destas iniciativas, incluídas dentro da campaña de Nadal do Concello de Culleredo, cuxo obxectivo é dinamizar o comercio local e incentivar as compras nos negocios do municipio.
 

ACCESO A TODAS LAS FOTOGRAFÍAS DE LOS ESTABLECIMIENTOS PARTICIPANTES EN:

www.omellorescaparatedeculleredo.com

www.hostaleriadenadalenculleredo.com

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina