O Concello de Culleredo dá continuidade un ano máis ao programa Escola de Arbitraxe, no que os mozos do municipio formaranse neste ámbito da man de profesionais do Comité de Árbitros de Fútbol A Coruña. Esta iniciativa, pioneira desde 2023, está destinada ao alumnado de Educación Secundaria e participarán tanto os do IES Rego de Trabe e como os do IES Blanco Amor.
O programa comezou onte no Blanco Amor, coa asistencia dunha trintena de estudantes de 1º de ESO. Está impartido polo árbitro Diego Seoane, quen é o encargado de preparar aos mozos e contarlles as reviravoltas do seu labor.
Ao longo das diferentes sesións, os e as participantes recibirán unha formación da man de varios árbitros do Comité da Coruña, así como material como tarxetas, chifres ou equipamentos profesionais para traballar sobre o terreo. Esta Escola de Arbitraxe inclúe un período de formación teórica, a realizar nas aulas, e outro de formación práctica, que os participantes realizarán na liga interna de cada instituto.
Con esta proposta búscase enganchar aos mozos, que verán o seu labor reflectido en partidos cos seus propios compañeiros, e facer chegar a arbitraxe á mocidade, transmitindo con iso os valores do deporte.