O alcalde recibe á nova asociación O Val de Culleredo con total disposición a traballar en conxunto polo avance da zona

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, recibiu na Casa do Concello aos representantes da nova asociación O Val de Culleredo, Óscar Andrade e Marcos Martínez. O encontro serviu como presentación da entidade, que nace, explicaron, coa intención de converterse en nexo de unión para as diferentes parroquias que concorren no val, promovendo actividades e melloras na zona.
 
Rioboo felicitou aos veciños pola iniciativa e mostrou o seu total compromiso a traballar en conxunto para o avance do val. Os responsables da asociación expuxeron na reunión diversas propostas de investimentos que serán analizadas polo Concello. Será o caso da creación dunha senda fluvial xunto ao río Valiñas, para poñer en valor unha contorna natural única, ou o arranxo da estrada desde Rumbo ata a zona do novo colexio.
 
Ademais contan con reivindicacións para rede de estradas da Xunta. A entidade reclama a construción de beirarrúas ou sendas na AC-400 desde Sésamo a Celas, unha petición moi repetida. Tamén piden sendas desde Ledoño á AC-400 e un cambio na sinalización da nova rotonda, onde a AXI non puxo “Sésamo”.
 
Outra acción que defende dado que preocupa aos veciños é a eliminación dos posibles asentamentos ilegais en parcelas rústicas. Tamén apostan pola eliminación dos cables aéreos para mellorar a estética e garantir a seguridade e o servizo.
 
En canto a actividades, O Val de Culleredo traballa actividades ao aire libre para os pequenos e propón un plan conxunto para concienciar e evitar que persoas depositen residuos no val en lugar de empregar os puntos limpos.
 
En canto ao seu día a día, a entidade tamén suxeriu a obtención dun espazo para poder desenvolver as súas actividades.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina