O Concello de Culleredo incorpora a 3 novos axentes na Policía Local

O Concello de Culleredo incorpora a tres novos policías locais tras efectuar o proceso selectivo para a provisión das prazas, de acceso libre, incluídas na súa Oferta Pública de Emprego. Os axentes son nomeados funcionarios en prácticas dado que desde xaneiro realizarán a súa formación por seis meses na Academia Galega de Seguridade Pública e posteriormente desenvolverán as súas prácticas na Policía Local durante outros tres meses máis para finalmente converterse en funcionarios de carreira.
 
O alcalde, José Ramón Rioboo, asinou o nomeamento nun acto ao que acudiron os tres novos axentes. Tamén asistiu a concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior, Marta Figueroa, e o responsable da Policía Local de Culleredo, Fernando Vázquez. 
 
Rioboo felicitou aos axentes por superar o proceso e desexoulles un proceso formativo proveitoso para a súa posterior entrada ao posto.
 
Este incremento do persoal da Policía Local por parte do goberno municipal non queda nesta acción. O Concello incorporou o ano pasado a 4 axentes máis e completou outras 3 de promoción interna para oficial.
 
Este proceso de selección foi realizado a través da Xunta, mediante o convenio subscrito co Concello de Culleredo. A formación teórica comprenderá 900 horas e as prácticas, 500.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina