Os Reis Magos chegan a Culleredo

O Concello de Culleredo recibirá o luns, 5 de xaneiro, os Reis Magos. Na zona urbana terá lugar a tradicional cabalgata. Haberá festas infantiles e os máis pequenos poderán formularlle as súas peticións ás Súas Maxestades de Oriente.

A cabalgata sairá ás 17.00 horas desde a avenida Juan Carlos I e pasará por Anxo Senra, Mosteiro de Carracedo, Praza de Galicia, Ribados, Hersa, Sanjurjo de Carricarte, Costa da Lonxa, Avenida de Vilaboa, Sagrada Familia, Vila Melania, Electo Carballo, O Portádego, As Brañas, Fonteculler, Acea de Ama e Praza Europa.

Ao paso por Vila Melania celebrarase a primeira recepción aos Reis. Na Praza Europa terá lugar a segunda recepción ao final do percorrido.

Ese mesmo día, os Reis Magos visitarán os centros sociais do municipio: ás 17:00 horas en O Noso Lar, con animación infantil desde as 16:30 horas; ás 17:45 horas en Orro; ás 18:10 horas en Ledoño; ás 18:45 horas en Sueiro; ás 19:20 horas en Sésamo; ás 20:00 horas en Castelo; e ás 20:30 horas en Celas, con animación infantil desde as 18:30 horas.

Carpas de Nadal, desde o 2 de xaneiro

As carpas de Nadal do Concello de Culleredo volverán ser un dos grandes atractivos, con xogos, inchables e obradoiros na praza Europa e en Vila Melania os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, de 17:00 a 20:00 horas. 

 

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina