O Concello de Culleredo publicou a programación completa das Festas de Nadal, que inclúe unha ampla oferta de actividades pensadas para todos os públicos. As visitas de Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos aos centros sociais, a tradicional cabalgata, espectáculos de teatro e contacontos, así como eventos deportivos e as distintas campañas, conforman un completo programa municipal para estas datas tan sinaladas.
A programación do Nadal arrinca cun destacado bloque de actividades deportivas. O domingo, 21 de decembro, celebrarase o XII Trail e Andaina de Orientación Gallaecia Raid, organizado polo club Gallaecia Raid en Ledoño. Ademais, entre o 22 e o 27 de decembro terá lugar un campus de patinaxe na Polideportivo Ría do Burgo, organizado polo Club Aura. Pola súa banda, o Sport Salga Culleredo FS desenvolverá un campus de fútbol e fútbol sala no Polideportivo de Tarrío entre o 22 de decembro e o 2 de xaneiro.
O 22 de decembro comezará tamén o campamento municipal de Nadal, baixo o título ‘A misión da garda do Nadal’, que se estenderá ata o 7 de xaneiro no CEIP Vila de Rutis. En paralelo, continúa a campaña solidaria ‘Un agasallo, mil ilusións’, posta en marcha xunto á ONG Reis Magos de verdade e Coruña The Style Outlets, co obxectivo de que ningún neno ou nena do municipio quede sen xoguete. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 22 de decembro. Así mesmo, a área de Xuventude iniciou o concurso Advento CIPAX, que un ano máis repartirá numerosos premios entre os mellores traballos presentados pola mocidade participante.
A programación municipal inclúe tamén unha destacada oferta cultural e de dinamización. O próximo 12 dediciembre, ás 18:30 horas, o Auditorio de Servizos Múltiples acollerá o espectáculo de danza para bebés 'Catro', de Caramuxo Teatro. A partir do 19 de decembro comezará a animación do Nadal nas rúas do concello, con pasarrúas e personaxes de Nadal percorrendo as zonas comerciais. Ese mesmo día, a partir das 17:00 horas, celebrarase a Festa de Nadal para as persoas maiores na Polideportivo Ría do Burgo, coa actuación da coral Voces Veteranas. Tamén o día 19 terá lugar o concerto de Nadal do Conservatorio Municipal de Música, que será ás 18:00 horas no auditorio do propio conservatorio.
Campañas, visitas aos centros sociais ou a Cabalgata completan a programación
Desde comezos de mes, a explanada do Paseo Marítimo do Burgo acolle o Winter Park e o Winter Circus, dúas citas xa clásicas destas datas, que poderán visitarse ata o 11 de xaneiro.
A partir do 19 de decembro comezarán as visitas de Papá Noel aos centros sociais, acompañadas de animación infantil: o día 19 estará en Fonteculler de 18:00 a 20:00 horas; o día 20 visitará Almeiras, Orro e Sésamo, tamén de 18:00 a 20:00 horas; e o día 21 acudirá a Sueiro, Ledoño, Castro Laxe e Castelo, no mesmo horario. O día 20 será a quenda do Apalpador, que chegará con animación infantil a Celas de 18:30 a 20:30 horas.
O mesmo día 20 de decembro celebrarase a gala e pase de Nadal de Teatro El Ruiseñor, cunha dobre sesión no Auditorio do Conservatorio, ás 18:00 e ás 20:30 horas.
Xa no mes de xaneiro, as carpas de Nadal volverán ser un dos grandes atractivos, con xogos, inchables e obradoiros na praza Europa e en Vila Melania os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, de 17:00 a 20:00 horas. A tradicional cabalgata dos Reis Magos terá lugar o 5 de xaneiro, con saída desde a avenida Xoan Carlos I a partir das 17:00 horas e percorrido por varias parroquias, finalizando na praza Europa. A continuación, celebrarase a recepción das súas Maxestades de Oriente en Vila Melania e na propia praza Europa.
Ese mesmo día, os Reis Magos visitarán os centros sociais do municipio: ás 17:00 horas en O Noso Lar, con animación infantil desde as 16:30 horas; ás 17:45 horas en Orro; ás 18:10 horas en Ledoño; ás 18:45 horas en Sueiro; ás 19:20 horas en Sésamo; ás 20:00 horas en Castelo; e ás 20:30 horas en Celas, con animación infantil desde as 18:30 horas.
Ademais, durante este Nadal continúan as campañas habituais de dinamización comercial en Culleredo, como o Rasca e Gaña, con premios directos por comprar nos establecementos participantes, ou os concursos de ambientación do Nadal, entre eles o II Concurso de Ambientación de Nadal na hostalería local e o VI Concurso de Escaparatismo de Nadal.
| Vista previa | Adxunto | Tamaño |
|---|---|---|
| programacion-nadal-culleredo2025.pdf | 305.52 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER