O Concello de Culleredo poñerá en marcha unha nova edición da súa xa tradicional campaña do Nadal de apoio ao comercio local, ‘Rasca e Gaña’, que este ano repartirá 2.574 premios entre os clientes dos establecementos adheridos. A iniciativa desenvolverase entre o 9 de decembro de 2025 e o 5 de xaneiro de 2026.
O Concello distribuirá 105.000 boletos, que se repartirán entre os negocios participantes. Cada comercio recibirá 500 unidades, garantindo así un mínimo de 12 premios por establecemento.
Entre os agasallos inclúense unha televisión, varios smartphones, sete auriculares, seis smartwatches e numerosos obsequios máis. Os premios poderán reclamarse ata o 15 de xaneiro de 2026. As bases da iniciativa están dispoñibles nos arquivos anexados a esta nova.