Culleredo celebrará o vindeiro sábado, 1 de novembro, o seu Gran Festa do Magosto Municipal no parque recreativo de Celas a partir das 18.00 horas. Como ocorre anualmente, espérase a afluencia de numeroso público para a tradicional degustación de castañas. 
 
O Concello, organizador da cita coa colaboración da Asociación Recreativa Cultural O Cruceiro calcula que repartirá máis de 500 quilos de castañas asadas.
 
Ademais das castañas, os asistentes tamén poderán gozar doutros produtos, como o touciño á brasa, o viño novo ou a queimada. Tampouco faltará a música, cunha actuación a cargo do Grupo Compás, encargado de amenizar a velada a todos os asistentes.
 
O Magosto Municipal de Culleredo é un dos máis concorridos da comarca, sendo unha tradición con moito arraigamento no municipio.