O Concello de Culleredo suma novos efectivos á Policía Local. Hoxe venres tomaron posesión do seu cargo catro novos axentes tras realizar a súa formación na Academia Galega de Seguridade e tras completar o seu período de prácticas no corpo.
O alcalde, José Ramón Rioboo, asinou hoxe cos axentes a súa incorporación como funcionarios de carreira, nun acto que tivo lugar na Casa do Concello. Os catro policías accederon mediante o proceso selectivo para a provisión das prazas, de acceso libre.
Rioboo felicitou aos axentes polo seu nomeamento e desexoulles “ou mellor servizo” na Policía Local. Mostrouse convencido de que terán unha traxectoria satisfactoria nun ámbito, o local, cun contacto próximo ao cidadán. Os novos axentes mostraron a súa alegría pola súa incorporación tras superar todas as fases previas.
O alcalde subliñou que “a dotación de medios de seguridade é unha prioridade” para ofrecer “unha atención eficaz” aos veciños. Neste sentido, o Concello seguirá co incremento de efectivos da Policía Local, dentro da súa oferta pública de emprego.
O Concello ten en curso outro proceso selectivo, que inclúe en concreto tres prazas de axente polo sistema de oposición libre e unha de oficial de provisión por mobilidade.
Así mesmo, o Concello tamén completou do proceso de promoción de tres oficiais, que realizaron a súa formación e están en activo desde xuño.