Con motivo da celebración das festas do San Xoán 2025, resulta necesario regular algúns aspectos da nosa convivencia cidadá.
O presente bando ven a determinar as disposicións minimas a cumprir para o mellor desfrute das festas das lumaradas de San Xoán.
En consecuencia e en uso das facultades concedidas no artigo 124g da lei 7/1985 do 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, modificada pola Lei 27/2013, 27 decembro, de racionalización e sostenibilidade da Administración Local.
DISPOÑO;
1. LUMARADAS
2. SERVIZOS DE SEGURIDADE E EMERXENCIAS
Os servizos de Seguridade e Emerxencias Municipais (Policía Local e Protección Civil) velarán polo cumprimento do regulado nesta disposición e no resto das ordenanzas municipais, de forma que no suposto de que as persoas responsables de instalacións, actos, eventos (incluídos a celebración de lumaradas, sardiñadas, barbacoas ou similares) non as retiren ou modifiquen voluntariamente en caso de ser requiridos para iso por razóns de seguridade, poidan proceder á súa retirada imediata e traslado onde se estime necesario, iso sen prexuízo da iniciación, se é o caso, do expediente sancionador que puidese corresponder.
3. EVENTOS E ACTOS, SARDIÑADAS, BARBACOAS E SIMILARES EN ESPAZOS PÚBLICOS E PRIVADOS
Recórdase que a celebración de lumaradas, sardiñadas, barbacoas ou actos similares con motivo da celebración das festas do San
Xoán están suxeitas a COMUNICACIÓN PREVIA ao Concello por escrito ou e-mail (sanxoan@culleredo.es) indicando datos da persoa responsable (dni, enderezo e teléfono de contacto) asi como ubicación exacta da parcela ou solar onde se vai celebrar a lumarada (plano de situación ou referencia catastral).
O prazo para realizar as comunicacións remata o 20 de xuño (as solicitadas fora de prazo consideraranse non autorizadas).
4. INFRACCIONS
5. NORMAS COMPLEMENTARIAS
A Alcaldía agradece a colaboración de todos/as os/as veciños/as de Culleredo, asÍ como a todos/as os/as visitantes que estes dias nos acompañen na celebración das festas do San Xoán 2025.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
doc130625-13062025122202.pdf | 201.04 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER