Xa están publicadas as listas definitivas de rapaces e rapazas admitidos no programa Mañás de campamento 2025. Tamén están dispoñibles a lista de agarda, conformada por familias non empadroadas no municipio, e a de solicitudes excluídas por non presentar debidamente a documentación solicitada.
As listas pódense consultar na seguinte ligazón:
O prazo para formalizar as matrículas estenderase ata o próximo 2 de xuño. Poderanse formalizar mediante o pago das taxas correspondentes na
Oficina Virtual Tributaria do Concello de Culleredo e o posterior envío do xustificante de pago ao correo campamentos@culleredo.es.
Para facilitar o proceso de pago, na mesma ligazón onde aparecen as listas, as familias poderán atopar unha pequena guía.
Ante calquera dúbida ou problema, as familias poden poñerse en contacto co departamento de Cultura e Educación no teléfono 981 66 55 97 e no correo campamentos@culleredo.es.