O Concello de Culleredo será unha das sedes do Campionato de España de Fútbol de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16, que se celebrará do 7 ao 9 de febreiro. O torneo disputarase en varios puntos da provincia da Coruña, sendo o municipio cullerdense un dos elixidos.
O campo de fútbol de Rutis acollerá nove partidos do campionato, mentres que o do Burgo fará o propio con tres sesións de adestramento. Desta maneira, Culleredo converterase nun dos epicentros do fútbol nacional esta semana, acollendo encontros entre varias seleccións, como as de Galicia, Estremadura, Andalucía, Aragón, A Rioxa, Melilla, Castela e León, Murcia ou Cantabria.
Ao acto de presentación asistiron o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, a concelleira de Deportes, Cristina Pardo, o xefe do Servizo Municipal de Deportes, Pablo Bouza, o vicepresidente da RFGF, Juan Villamisar, o delegado da RFGF na Coruña, Manuel Corredoira, o presidente do Olímpico de Rutis, Marcos Aldao, e o directivo do Sporting Burgo, Roberto Pardo.
Todos os partidos e horarios pódense consultar na páxina web da RFGF ou a través da seguinte ligazón: