Xa está dispoñible a nova sede electrónica do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo estrea neste 2025 a súa nova sede electrónica, na que as persoas físicas e as empresas poden facer trámites de forma dixital sen necesidade de acudir de xeito presencial ao Concello. Pódese acceder a esta nova sede na dirección  sede.culleredo.es, onde xa están habilitados máis de 30 procedementos. Ao longo do ano a cifra de procedementos irase incrementando con máis posibilidades.

Os cidadáns poderán realizar trámites aínda que non conten co certificado dixital, para o que se utilizará un correo electrónico con usuario e contrasinal. Nestes casos, as solicitudes teranse que asinar posteriormente, nun prazo de 10 días, nas oficinas municipais de rexistro.

Esta nova sede enmárcase dentro do Programa Estratéxico de Implementación da Administración Electrónica no Concello de Culleredo 2024-2027, aprobado pola Xunta de Goberno Local. Este mesmo plan tamén contempla a nivel interno a posta en marcha dun novo xestor de expedientes plenamente interoperable con plataformas doutras administracións públicas, o que facilitará a tramitación administrativa, simplificando a xestión e reducindo as cargas ao cidadán.

Todos os interesados en coñecer o seu funcionamento poden consultar os diferentes titoriais dispoñibles na canle de YouTube do Concello de Culleredo. Nos vídeos dispoñibles explícanse, por exemplo, as seguintes cuestións:

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina