O Consorcio As Mariñas pon en marcha a campaña de implantación do colector marrón, un sistema innovador para a recollida de residuos orgánicos que promove unha reciclaxe de maior calidade. A campaña abrangue seis dos oito concellos que forman parte do consorcio, un deles Culleredo.
Este colector específico permitirá a separación dos biorresiduos, reducindo a presenza de impropios no lixo e mellorando os procesos de reciclaxe. Grazas ao control de acceso mediante tarxeta, garantirase un uso correcto e eficiente.
Material e inscricións
As persoas interesadas poden recoller o seu pack de material de balde, que inclúe:
Tarxeta de apertura do colector marrón.
Caldeiro para a separación na casa.
Bolsas compostables.
Para obter este material, só é necesario achegarse a un dos postos informativos habilitados no concello:
Praza Europa: 9 de decembro (16:30-19:30 horas).
Praza Santa Gema: 10 de decembro (10:30-13:30 horas).
Acea de Ama: 11 de decembro (10:30-13:30 horas).
Praza Europa: 14 de decembro (10:30-13:30 horas).
Praza Igrexa Vilaboa: 19 de decembro (10:30-13:30 horas).
Compromiso coa sostibilidade
O colector marrón é unha ferramenta clave para avanzar cara a unha xestión sostible dos residuos, reducindo o impacto ambiental e fomentando a economía circular. Esta campaña forma parte do compromiso do Consorcio As Mariñas coa reciclaxe e a educación ambiental.
Trátase de actuacións cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, a través da subvencións covocadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
Máis información
Para máis detalles, pode chamar ao 981 784 704, escribir a info@consorcioam.org ou consultar toda a información en https://consorcioam.rsu.gal, onde tamén están habilitadas as inscricións.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER