O CIPAX Culleredo retoma os sorteos do AdventoCIPAX neste Nadal con 21 días cheos de agasallos para a mocidade

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, convida aos mozos e mozas a participar nos sorteos diarios do #AdventoCIPAX, que comezan o luns 9 de decembro e rematan o día de Reis, 6 de xaneiro.

Realizaranse sorteos semanais de luns a venres durante 21 días nos que a xuventude poderá gañar unha variedade de premios, entre eles unha tablet, un tocadiscos, xogos ou suadoiros.

Cada día publicarase un novo sorteo cun prazo de participación de 24 horas. Os gañadores e gañadoras anunciaranse semanalmente na web municipal e nas canles oficiais de Xuventude Culleredo.

O modo de participación será a través das canles oficiais do CIPAX (Facebook, X e Instagram).

As persoas interesadas en formar parte destes sorteos deberán mencionar a un amigo ou amiga nas publicacións de redes sociais, responder ás preguntas formuladas ou contestar cunha imaxe cando así se solicite, ademais de seguir os perfís oficiais de Xuventude Culleredo

Consulta as bases no arquivo .pdf adxunto nesta nova.

Vista previaAdxuntoTamaño
bases_sorteo_cipax_2024.pdf83.11 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina