Culleredo lanza a súa campaña de apoio ao comercio co tradicional “Rasca e Gaña” ao que se suman máis de 200 negocios

O Concello de Culleredo lanza unha campaña para animar a realizar as compras de Nadal no tecido de establecementos locais. O goberno local impulsa varias actividades para incentivar a acudir aos negocios do municipio que levarán a cabo desde agora e ata Reis.

En primeiro lugar, o Concello comeza o sábado 7 de decembro o tradicional “Rasca e Gaña” con premios instantáneos para os clientes. Serán máis de 200 establecementos comerciais do municipio os que se sumen nesta ocasión á iniciativa.
 
O Concello repartirá un total de 2.574 premios no concurso. Cada negocio adherido entregará as papeletas e outorgará varios agasallos de forma garantida.
 
Entre os premios principais atópase unha televisión, catro smartphones, dous tablets,  dous robots de cociña, catro fritideira de aire, seis smartwatchs, catro pranchas de pelo e sete xogos de auriculares. Ademais, repartiranse cadernos, mochilas, huchas e chaveiros.
Vista previaAdxuntoTamaño
bases_da_promocion_-_rasca_e_gana.pdf78.75 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina