Culleredo promove un ano máis a campaña de Nadal ‘Reis Solidarios’ para que ningún neno quede sen xoguete

O Concello de Culleredo, a través da Oficina de Voluntariado e en colaboración coa ONG ‘Reyes Magos de Verdad’, promove un ano máis a campaña solidaria de Nadal dirixida a apelar á colaboración veciñal para que ningún neno e nena do municipio quede sen o seu xoguete de reis. Articúlase baixo o lema ‘Tócache a ti. Tócanos a tod@s’.
 
Esta acción, que pretende ser unha cadea, articularase a partir dun formulario de inscrición na web municipal onde os veciños e veciñas, particulares e empresas que decidan patrocinar esta acción, poderán elixir o número de cartas que queiran e poidan apoiar como ‘Rei Solidario’. 
 
Os nenos e nenas incluídos na campaña escribirán unha carta mencionando ata 3 agasallos, dos cales será seleccionado un, respectando sempre a cantidade que se pactou coas familias e que non poderá ser superior a 35 euros por agasallo.
 
Os ‘Reis Solidarios’ poderán entregar os seus agasallos nas instalacións do Centro Municipal de Formación Pablo Picasso, indicando o nome da campaña, xunto co nome da persoa doante. 
 
O prazo para articular as doazóns será ata o 20 de decembro. Cada participante terá a opción de solicitar un “selo solidario” no que poderá poñer a súa foto ou o logo da súa empresa, colectivo, equipo deportivo, etc… e que se poderá expoñer ou ben fisicamente cun adhesivo ou de forma virtual para inserir nas redes sociais do interesado ou interesada. 
 
Para máis información, as canles de contacto habilitadas son o número de Whatsapp 620 008 450 ou o correo electrónico omvol@culleredo.es.
 
Formulario para participar como doante: https://forms.gle/D4T7ZGgHRyGGdRGt6

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina