O Mercado Templario encherá de animación o paseo do 4 ao 7 de xullo

O Mercado Templario de Burgo de Faro é fiel á súa cita anual e desenvolverase este ano desde este xoves 4 ata o domingo 7 de xullo. O Concello de Culleredo promove a cita, xa consolidada como elemento dinamizador do municipio ao atraer centos de persoas.
 
Situarase, como é habitual, no paseo marítimo do Burgo, na contorna da ponte. O espazo recibirá a personaxes e contará con actividades da idade medieval, en conmemoración da época histórica na que a localidade foi referente.
 
A apertura será o xoves ás 17:00 horas, e ás 20:30 horas producirase a inauguración oficial. Cada xornada haberá numerosos espectáculos, segundo a programación que dispón a organización: pasacalles, espectáculos de lume, trapecistas, batucadas, humor, e personaxes como zancudos, seres mitológicos, ou bufóns, entre outras moitas propostas.
 
Os postos serán variados, desde artesanía ata gastronomía. Para os pequenos e pequenas haberá todos os días un espazo aberto de xogos infantís, talleres e atraccións ecolóxicas. E a música será un son habitual no Mercado.
 
De venres a domingo o horario de apertura será desde as 11.00 horas ata a noite.
 
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, destaca que o Mercado Templario supón un aliciente para desenvolvemento económico do municipio pola dinamización que logra ano tras ano.
 
Vista previaAdxuntoTamaño
programacion_mercado_templario_2024.pdf579.42 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina