Culleredo celebra o 17 de maio a súa Feira de Artesanía con 75 postos e baile e música galega

O Concello de Culleredo organiza este venres 17 de maio a súa tradicional Feira de Artesanía, coincidindo co Día das Letras Galegas. Terá lugar na praza de Europa, O Burgo, en horario de 11.00 a 20.00 horas.

O evento reunirá un total de 75 postos, consolidándose un ano máis nunha cita clásica para os manufactureiros e manufactureiras chegadas de moitos puntos de Galicia. Os artesáns expoñen os seus produtos feitos de coiro, vimbio ou vidro, entre outras moitas modalidades.

Non faltará o baile e a música galega. Haberá actuacións da Asociación Cultural Catalmibre, ás 12.00 horas, e da Agrupación Folclórica Ancoradoira, ás 17.00 horas.

O Concello inclúe tamén o espectáculo de Caxoto e A Trastenda dos Contos, con "Carteiro en bicicleta". Será ás 18.00 horas.

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, anima á cidadanía a achegarse á feira para coñecer "o traballo de calidade que realizan os nosos e as nosas artesás, aos que queremos apoiar con este espazo". Ademais, o rexedor destaca as actuacións de Catalmibre e Ancoradoira, dúas agrupacións "que manteñen a tradición galega levándoa ás novas xeracións".

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina