O Concello de Culleredo quixo agradecer esta mañá, de man do concelleiro de Promoción Económica, Juan Carlos Lovelle, e de Comercio, Mario Iglesias, o labor das persoas que integraron a brigada social no municipio. Ambos os edís entregáronlles un detalle para recoñecer a súa achega durante os últimos meses, agora que conclúe esta décima edición do programa.
A brigada social leva 9 meses desenvolvendo traballos de mantemento en espazos de uso público. Desta forma, ademais de gañar experiencia e capacitación, lógrase a súa implicación en actuacións de interese xeral.
Na despedida estiveron presentes tamén varios dos profesores que levaron a cabo a formación, ademais de Isabel Buján, responsable do departamento de Promoción Económica.
Todas e todos coincidiron en “o moito que achegastes durante estes meses xa non só a mellorar o aspecto de varios espazos públicos, senón tamén no esmero que lle puxestes a desempeñar unha tarefa que non foi fácil en determinados momentos”.
Este proxecto social de emprego non finaliza aquí. Agora as integrantes serán guiadas polo Concello na súa procura de emprego. Efectuarase un seguimento continuado e unha orientación laboral.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER