ACTUALIZACIÓN: Publicada listaxe provisional de solicitantes
------------
A Deputación da Coruña, dentro da súa programación deportiva para o ano 2024, pon en marcha unha campaña de esquí na estación de VALGRANDE-PAJARES, destinada a 600 nenos/as da provincia da Coruña.
Os participantes neste programa desfrutarán de 4 días con aloxamento e manutención, nun albergue a pé de pista, contarán con cursos de esquí e actividades complementarias na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias).
Cada participante terá que inscribirse no concello onde este empadroado/a. As idades dos nenos/as participantes serán de 11 a 15 anos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2023 e aboarán 85€ (oitenta e cinco euros) como cota de participación (que poderá ser asumida parcial ou totalmente polo concello de procedencia).
Esta campaña dará comenzo a terceira fin de semana de xaneiro e desenvólvese ao longo de seis quendas, segundo a distribución xeográfica. A entrada dos rapaces/as na estación será o venres antes do xantar e a saída o luns despois do xantar.
O transporte dende a comarca, tanto de ida como de volta, está incluído na oferta; os puntos da comarca onde se efectuará a recollida notificarase con suficiente anticipación, na páxina web da Deputación da Coruña.
A Deputación responsabilízase da maior parte dos gastos ocasionados polos cursos; transporte de todos os participantes dende o punto de recollida en cabeceiras de comarca, estancia, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos na estación e actividades varias.
Nesta campaña de neve 2024 ao Concello de CULLEREDO correspóndenlle 14 prazas na primeira quenda, a cal transcorre dende os días 12 ao 15 de xaneiro.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
ficha_de_inscricion_campana-neve_2024.pdf | 146.61 KB | |
comprobacion_empadronamento_neve_deportes_deputacion.pdf | 220.64 KB | |
listaxe_provisional_campana_neve_2024.pdf | 262.12 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER