Comeza o XLVI concurso-exposición ornitolóxico da Sociedade Coruñesa de Canaricultura no Xardín Botánico

Hoxe, venres 3 de novembro, comeza o XLVI concurso-exposición ornitolóxico da Sociedade Coruñesa de Canaricultura na Aula de Natureza do Xardín Botánico de Culleredo.

Celebrarase ata o 12 de novembro e estará aberta ao público do luns 6 ao venres 10 de novembro en horario de 17:30 a 20:30 horas; o sábado 11 de novembro en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 17:30 a 21:00 horas e o domingo 12 de novembro de 10:00 a 11:30 horas.

Un milleiro de canarios, de diferentes tipos, cores ou tamaños participan na actividade. Os valores de respecto ás aves e á natureza preténdense inculcar no alumnado das escolas da comarca, participantes no concurso de debuxo que se organiza en paralelo. Terase en conta a orixinalidade e versos alusivos ao mesmo.

Agruparanse segundo a idade: 5 anos, 6 anos, 7 anos, 8 anos, 9 anos, 10 anos e 11 anos. Os debuxos estarán tamén expostos na Aula de Natureza. O seu tema principal son os paxaros e a natureza. Os xuíces serán membros da Deputación da Coruña, Concello de Culleredo e a Comisión Organizadora.

A entrega de premios e clausura celebrarase o domingo 12 de novembro de 12:00 a 14:00 horas. Forma parte do campionato ornitolóxico rexional galego.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina