Culleredo achega o cinema ao alumnado dos centros públicos da man do director Hugh McGinley

  • O programa ‘Culleredo, de cinema’ pretende consolidar a ferramenta da curtametraxe nos colexios para adolescentes e preadolescentes do século XXI.
  • Esta semana celebráronse varios seminarios no IES Rego de Trabe e IES Branco Amor, con sesións de rodaxe e formulación de guión.

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, está a achegar a arte do cinema ao alumnado dos centros públicos da man do director Hugh McGinley. Esta semana comezaron os seminarios no IES Rego de Trabe e IES Branco Amor, con sesións de rodaxe e formulación de guión.

Este programa educativo ‘Culleredo, de cinema’ está orientado á consolidación da ferramenta da curtametraxe para adolescentes e preadolescentes do século XXI, a través do traballo en equipo.

Recóllense varias fases, con formación e tutela durante todo o proceso. Preténdese detectar as debilidades e as fortalezas da nosa realidade á hora de definir o marco e os perfís; o desenvolvemento de historias sólidas, interesantes e facilmente convertibles á nova linguaxe audiovisual para evitar posteriores problemas en produción e post produción; a importancia do formato e da linguaxe técnica; a narrativa, o ritmo, as intra historias e os diálogos, etc.

Tamén se formará aos e ás mozas en aspectos técnicos, como os tipos de planos cinematográficos e os tipos de movemento de cámaras, deseño de storyboard e anotacións técnicas ao guión, o que se coñece como ‘plan de rodaxe’.

Por último, realizarase unha rodaxe auténtica, desenvolvendo o labor de dirección favorecendo o manexo directo do alumnado, sendo elas e eles quen opere as cámaras, claquetas, luces e resto do equipo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina