Desde o Servizo de Dinamización, Formación e Emprego da concellería de Desenvolvemento Local, Cultura, Festas e Turismo do Concello de Culleredo vanse levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego.
Para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 débese posuir unha formación básica necesaria e para isto é preciso acreditar que se posúen certas titulacións, certificacións ou acreditacións. Cando o/a aspirante non posúe os requisitos académicos necesarios, que é a situación na que se atopan unha grande cantidade de veciños/as de Culleredo en situación de desemprego e demandantes de formación e emprego,existe outra vía de acceso que consiste na superación das probas de competencias clave que organiza a administración.
Estas accións formativas realizadas en anos anteriores, cunha grande acollida por parte dos veciños/as de Culleredo, permitiron que a maioría dos/as participantes superasen as probas e desta forma poidesen acceder aos cursos vinculados aos certificados de profesionalidade de nivel 2.
Nº DE CURSOS: 2
REQUISITOS DE ACCESO:
• Empadroados/as en Culleredo.
• Maiores de 16 anos ou que os teñan feitos en 31 de decembro do ano natural en que se celebran as probas.
• Preferentemente en situación de desemprego e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.
• Non ter formación regrada igual ou superior á ESO, 2º B.U.P., F.P I ou equivalente, nin ter superadas as competencias clave de nivel 2 de lingua galega, lingua española e matemáticas.
• Ter presentada a solicitude para participar nas probas de avaliación en competencias clave para acceder aos cetificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación, que convocou a Xunta de Galicia para este ano 2023 ( Procedemento TR306A).
DURACIÓN DE CADA CURSO: 40 horas.
PRAZAS OFERTADAS: Cada curso conta con 15 prazas. O curso que non cubra como mínimo o 80% das prazas poderá ser cancelado.
ASIGNACIÓN DE PRAZAS: Por orde de preinscrición, tendo en conta os requisitos de acceso sinalados anteriormente.
PREINSCRICIÓN será do 28 ao 31 de MARZO de 2023, a través deste formulario web.
AS LISTAS provisionais e as definitivas de admitidos/as, poderán consultarse na páxina web do Concello de Culleredo ou chamando ao Centro Municipal de Formación e Emprego " Pablo Picasso".
Toda a información, no documento adxunto a esta nova.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
competencias_clave_paxina_web_2023.pdf | 212.88 KB | |
lista_provisional_de_solicitudes_admitidas_e_excluidas.pdf | 659.62 KB | |
lista_definitiva_de_admitidos-as.pdf | 685.2 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER