Culleredo conmemora o Día Internacional da Muller coa inauguración da exposición "Nós somos elas"

O Concello de Culleredo conmemorou esta mañá o Día Internacional da Muller coa inauguración da exposición “Nós somos elas”, promovida pola área de Igualdade da Deputación da Coruña e a AC Alexandre Bóveda, como homenaxe á muller de Galicia, e para reflexionar e poñer en valor dunha maneira gráfica, a importancia do papel que a muller ocupou ao longo da historia.

Trátase dunha colección de 24 retratos seleccionados polo arquivo de José María Vidal, un fotógrafo histórico natural de Laxe, que forma parte da colección permanente do Museo do Mar de Laxe, acompañadas de poemas escritos por outras tantas poetas galegas que poñen en palabras o que as imaxes suxiren. Desta maneira, a través destas pezas do pasado e do presente pódese construír un relato diferente, inclusivo, traer ás mulleres para ocupar o seu lugar na historia, a facelas protagonistas.

Acudiron o alcalde, José Ramón Rioboo, e as concelleiras e concelleiros Penélope López, Susana Amor, Marta Figueroa, Jéssica Méndez, Cristina Pardo e Carlos Liñares, ademais das persoas que integran ASPACE, a Asociación Nacional Presenza Xitana, As Berenguelas e usuarios e usuarias do Centro Ocupacional A Escada.

José Ramón Rioboo, alcalde de Culleredo, agradeceu “ás e ós asistentes a un acto que pon en valor o papel que historicamente desempeñou a muller na nosa sociedade, ademais de crear un espazo  para a reflexión e a necesidade de ser partícipes dunha loita que compete a toda a sociedade, a todos os seus estamentos. Aínda nos queda moito camiño por percorrer, pero imos na boa dirección e nesa queremos continuar”, sinalou.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina