Nace a Escola Xadrez Culleredo con vocación de iniciativa social interxeracional

Unha nova actividade emerxe con forza en Culleredo, sumando persoas interesadas de todas as idades. Máis que unha finalidade recreativa no fondo concíbese como unha iniciativa social, como explica o seu presidente, José Antonio Ferreño.

A Escola Xadrez Culleredo – Carpintaría Ferreño acaba de nacer, coa colaboración do Concello de Culleredo e de patrocinadores particulares, como unha nova modalidade deportiva ao alcance dos veciños do municipio. Contan con socios lonxevos e tamén con nenos. “É unha marabilla velos xogar entre eles, compartindo taboleiro e intercambiando coñecementos”, expresa.

En tan só dous meses de actividades xa lograron máis de 30 socios, ademais de persoas interesadas que acudiron a algunhas das citas. E a previsión é ir a máis, destaca Ferreño, porque cada semana recibe o interese de máis e máis veciños”.

A Escola desenvolve a súa actividade en Vilaboa, nas dependencias municipais de Vila Melania. Co espírito de propiciar a participación, os socios poden acudir calquera día para practicar. Os sábados están máis tempo e adoitan ter a competición oficial, como ocorreu o pasado día 4, cando venceron por 3,5 a 0,5 ao equipo do Casino.

O club, que está federado, inicia a competición en terceira división. A aspiración, sinala o presidente, é “ascender para o ano que vén estar en segunda división e ademais crear novos equipos en terceira”.

Outra meta é a organización dun gran torneo en Culleredo, atraendo a xogadores a nivel estatal e internacional mesmo. Tamén aspira a consolidar a competición que estrearon a finais de decembro en Vilaboa, con elevada participación.

O alcalde, José Ramón Rioboo, felicita aos responsables da escola pola súa “iniciativa de éxito” e garante o “máximo apoio” do Concello. Rioboo acudiu en decembro á primeira competición da entidade, onde puido comprobar “a excelente idea” de impulsar o xadrez en Culleredo, algo que non existía.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina