Culleredo programa cinco obras de teatro para os venres deste mes de marzo

Chega marzo e con el a programación cultural de teatro do Concello de Culleredo. Neste mes poderase desfrutar no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo de dúas obras de teatro infantil e tres destinadas ao público adulto.

Este venres, 3 de marzo, comezará o ciclo teatral ás 20:30 horas con “As alumnas”, de Culturactiva baixo a dirección de Fina Calleja. Esta trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e os retrocesos educativos que se produciron polo franquismo. Foron sufridos especialmente polas mulleres e as dúas personaxes femininas (Anabel Gago e Mónica Caamaño) representan dous casos concretos de mulleres no contexto histórico anterior e posterior á Guerra Civil.

A semana seguinte será a quenda para o teatro dirixido ao público infantil con “Ás para Álex”, de Baobab Teatro codirixida por Andrea Bayer e Óscar Ferreira. Álex (Xose Esperante) é un neno que adora xogar ao fútbol pero de súpeto un día perde esta capacidade e anóxase co mundo. Porén, coñece a Laura (Cora Velasco), quen lle axuda, con moito cariño, a mudar a mirada cara a súa problemática. Poderase desfrutar o venres 10 de marzo ás 19:30 horas.

O día 17 de marzo ás 20:30 horas, volvemos ter unha representación para o público adulto con “Rara Avis”, de Lila Teatro. Na pel de Paloma, a obra fai unha homenaxe a todas as persoas excepcionais que buscan o seu lugar no mundo e amosa que nunca é tarde para un novo comezo.

“Lambetadas”, de Talía Teatro e dirixida por Santiago Cortegoso, será a segunda representación teatral destinada ao público infantil (4 a 9 anos). O venres 24 de marzo, ás 20:30 horas, esta comedia fai entrar en escena a dúas personaxes excéntricas (María Ordóñez e Diego Rey) que non saben nada unha da outra e vanse coñecendo á vez que o fai quen observe desde as bancadas. O que lles pasa, é que para iso necesitarán saber que lles pasa ás súas linguas, porque sen unha lingua propia chea de saúde non poderán lamber as lambonadas. Porque se tés unha lingua propia tés que utilizala para comunicarte, para gozar e darte o gusto.

A derradeira cita co teatro no Edificio de Usos Múltiples do Burgo, o 31 de marzo, terémola con “Unha inimiga do pobo”, ofrecida tamén por Talía Teatro e un nutrido elenco. Trátase dun drama no que Helena, unha doutora de prestixio internacional que regresa á súa vía natal embarazada, quere comezar un novo proxecto profesional abrindo un balneario. Porén, a contaminación das augas da contorna pona baixo o punto de mira de toda a veciñanza.

As entradas para acceder a calquera das sesións, poderanse reservar na mesma semana das obras en horario de 16:00 a 20:00 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo ou no teléfono 981 665 597.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina