O Concello de Culleredo convoca o III Concurso de Escaparatismo de Nadal

O Concello de Culleredo, mediante a área de Dinamización Local, convoca o III Concurso de Escaparatismo de Nadal no que haberá premios non só para as mellores composicións, senón tamén para os veciños e veciñas que participen na votación. 

Poderán participar no concurso todos os establecementos comerciais abertos ao público, independentemente da súa actividade. 

A decoración do escaparate ten que gardar relación con motivos de Nadal. Os premios outorgaranse polo número de votos obtidos por cada escaparate, na páxina web habilitada do concurso. Deberán estar decorados desde o 2 de decembro ao 7 de xaneiro, día no que se fará público a listaxe de escaparates gañadores.

O primeiro premio será a montaxe de tres escaparates durante todo o ano 2023, por un profesional do sector do escaparatismo de recoñecido prestixio e cun custo de material de 70 euros por escaparate. O segundo premio consistirá na montaxe de dous escaparates, deseñado por un profesional do sector do escaparatismo de recoñecido prestixio e cun custo de material de 70 euros por escaparate. O terceiro premio, dun escaparate feito por un profesional do sector do escaparatismo de recoñecido prestixio e dun custo de material de 70 euros. Cada decoración de escaparate está valorada en 330 euros e ten que permanecer exposta un mínimo de 30 días.

Os usuarios que participen na votación optarán a vales de compra no comercio de Culleredo. Entrarán nun sorteo final de 20 premios valorados en 50 euros cada un, que deberán ser gastados nalgún dos comercios adheridos á campaña. As votacións realizaranse a través da páxina www.omellorcomerciodeculleredo.com , que habilitaremos nos vindeiros días e onde poderedes comezar a votar unha vez estean subidos todos os establecementos. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina