Culleredo presenta a programación conmemorativa do 25N con actividades educativas, culturais e aa implicación do comercio e hostalaría

O Concello de Culleredo deu a coñecer esta mañá a programación que conmemorará o 25N, Día Internacional contra a Eliminación das Violencias contra as Mujeres, e coa que rubrica o seu firme acordo para contribuír á total eliminación desta lacra.

As actividades centraranse no ámbito educativo, con xornadas e faladoiros como a que xa se levaron a cabo o pasado venres, 18 de novembro, na que participaron as alumnas e alumnos do Obradoiro de Emprego ‘Culleredo Activo’ cun taller a cargo de Fundación Mujeres; a lectura do Manifesto Institucional contra a violencia de xénero e unha actividade audiovisual e posterior debate.

Así, esta mañá déronse cita no Consistorio o alcalde, José Ramón Rioboo; a concelleira de Benestar Social; Lupe Pombo; a concelleira de Cultura, Penélope López; o concelleiro de Comercio; Mario Iglesias; a edila de Educación, Jéssica Méndez; a concelleira de Maiores, Susana Amor, a de Seguridade, Marta Figueroa, o edil de Obras, Carlos Liñares, e diferentes técnicos e técnicas que integran as distintas áreas municipais, especialmente Xuventude e Servizos Sociais.

Dentro da programación para a conmemoración do 25N, realizaranse tamén para persoal municipal e alumnado dos centros educativos de Culleredo faladoiros como o que mencionabamos anteriormente. Desenvolveranse talleres de prevención do acoso na rúa en colaboración con Fundación Mujeres no IES Branco Amor, Rego de Trabe e Universidade Laboral, o propio día 25 e en horario de mañá.

Hoxe tivo lugar no Concello outra destas sesións, para persoal traballador do Concello de Culleredo, co obxectivo de promover unha conciencia crítica que contribúa a extinguir os comportamentos machistas na nosa comunidade.

O Concello de Culleredo instalou en diversos lugares do municipio lonas co slogan ‘Basta XA. Parémola entre todxs’, para dar visibilidade a este problema de primeira orde e lograr a implicación de todos os colectivos sociais afectados polas desigualdades e violencias machistas. “Implícanos a todos e a todas; é un traballo que temos que facer como colectivo pero tamén de forma individual”, subliñan desde o Concello de Culleredo.

Desde a área de Deportes, varios representantes dos clubs locais lerán cada un unha parte do Manifesto contra as violencias machistas para elaborar, posteriormente, unha composición audiovisual e mostrar tamén o compromiso das novas xeracións nas redes.

Como outro dos puntos da programación, efectuarase unha repartición de cartelería, pousavasos e camisetas co slogan da campaña para que luzan durante toda a xornada e así o tecido hostaleiro e comercial de Culleredo se unan a un berro común. 

Para finalizar o compendio de actos, o venres 25 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio de Servizos Múltiples, executarase o espectáculo ‘Microespectivas dun marica millennial’, íntimo e cargado de poesía desde o que cuestionar certezas impostas que predestinan a construción da identidade.

A partir da música e das artes do movemento, ofrece un espazo de transo no que redescubrir as raíces e refundar o presente. Coa reivindicación da propia identidade e a memoria como principal motor para a toma de consciencia e como impulso creador, o resultado da peza é unha viaxe sensorial que camiña polos límites da instalación, a música, as artes do movemento e a creación escénica contemporánea.

O actor protagonista é Davide González, galardoado nos XXV Premios de Teatro María Casares e o texto orixinal é de Vanesa Sotelo e o propio González, tamén premiados nos XXV Premios de Teatro María Casares.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina