Culleredo pon en marcha 'Volta activa' para achegar á veciñanza as rutinas sinxelas para practicar deporte a diario

O Concello de Culleredo, a través da concellaría de Maiores, pon en marcha o programa ‘Volta activa’ para achegar á veciñanza as rutinas sinxelas para a práctica do exercicio diario, fomentando así hábitos saudables. Darán comezo o próximo 16 de novembro e estenderanse ata o 13 de xaneiro de 2023, enmarcadas no Programa Municipal de Sanidade e Calidade de Vida das Persoas Maiores.

Cun carácter interxeracional, está dirixido ás persoas adultas do municipio, de todas as idades, para promover a práctica do exercicio cun carácter preventivo para a saúde física pero tamén mental, e cunha perspectiva motivadora e para incorporarse en diante ás novas actividades de grupo deste tipo, ou ben continuar con esta boa práctica por conta propia durante o resto do ano.

Os obxectivos que se traballan durante as sesións van dirixidos a xerar patróns de movementos saudables, aplicables á vida cotiá, e a poñer en práctica exercicios básicos que hai que ter en conta. A hora de practica deporte, como estiramentos, relaxación, etc. Tamén se encamiñan a coñecer distintas disciplinas e alternativas de actividade física, así como facer un uso apropiado dos equipamentos dos parques biosaudables, descubrindo as posibilidades que a contorna nos ofrece para este fin.

Esta actividade é completamente de balde, e consta dunha sesión semanal nos seguintes espazos:

 

  • Os luns de 11 a 12 horas no centro social municipal de Fonteculler.
  • Os martes de 11 a 12 horas no Parque da Torre de Celas.
  • Os mércores de 11 a 12 horas en Tarrío, no Centro Social ‘Ou noso lareira’.
  • Os xoves de 11 a 12 en Sueiro, no centro social municipal.
  • Os venres de 10 a 11 no Burgo, no parque biosaudable do Paseo Marítimo e de 11:30 a 12:30 horas en Vilaboa, no Pazo de Vila Melania.


As sesións semanais complementaranse con dous roteiros saudables, nos meses de decembro e xaneiro, sempre os sábados e en horario matinal, con percorrido dentro do termo municipal de Culleredo. Para máis información, as persoas interesadas poden achegarse ao Edificio de Servizos Múltiples en horario de 9:00 a 14:00 horas ou enviando un correo a servizos.sociais@culleredo.es.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina